20050812

Comezos parellos


Comeza o novo blog, e comeza un novo local comercial: O Alén (Viejo Pancho 2, Mesón Cervecería). Deséxolle o mellor ós seus donos, a pesar de que a min seguramente me dará máis dores de cabeza (ogallá me equivoque) polo ruído nouturno, directo ou indirecto. Tamén lle desexo ós que o autorizaron que sexan mellores persoas que o que demostraron coa autorización, que entendo ilegal polas normas que eles mesmo fixeron e que pode poñer en perigo os cartos invertidos por xente que se confía deles, a parte do perxuizo ós veciños. Creo que eso é sinxelamente, considerarse por riba das normas, e non unha democracia.
En fin, un establecemento máis para Ribadeo, e é que Ribadeo medra. Os mellores desexos.

Ningún comentario: