20050822

Conflito en Rinlo

Vemos na foto unha celebración próxima: a da festa do percebe en Rinlo. Se o proxecto dun criadeiro de rodaballo na viciñanza de Rinlo vai adiante, posiblemente en poucos anos os percebes da festa serán importados: pódense ver en varios sitios as consecuencias de unha planta tal, de 40000m2 de extensión, que promete traer moitos postos de traballo cando a realidade que se desprende da documentación presentada pola empresa implica unha cantidade de persoal moi limitada. Eses postos de traballo serían o señuelo para a compra de vontades: aínda me lembro cando no primeiro recheo (fai 15 anos) en Ribadeo, poñíase o mesmo señuelo, quedando durante uns dez anos sen traballar nin unha soa persoa alí. Esta mesma mañá, membros de ADEGA (http://www.adegagaliza.org/) lograron parar ás máquinas. Xa veremos se esta situación continúa ou se resolve: esta mesma mañá, o alcalde, nunha rolda de prensa, apoiou a granxa, na que parece que anda polo medio Álvarez Cascos e que foi aprobada (nun paquete conxunto con outras instalacións semellantes) no último consello da Xunta de Fraga.
Por certo, fun testigo dunha nova negativa de información no Concello, neste caso ó persoal de ADEGA.
Por certo tamén, que a planta que se pretende en Rinlo foi rexeitada en Luarca e logo en Castropol (na zona de Arnao). En fin, non é só 'Spain is different'; parece que agora, tamén 'Ribadeo is different'

Ningún comentario: