20050814

Doblete de merda


Onte falaba de merda e outras cousas, como ruído de noite, por exemplo. Hoxe, repito: a foto está tomada despois dun 'sábado noite' que coincide o de esta semana, pero que sería igual noutra parte calquera do ano, e pola extensión que leva a cousa, a maioría dos días do verán e boa parte dos do ano. Esa merda/mexos está asociada a outras cousas, como ó ruído nouturno: en frente a ela está un establecemento que non pechou un só sábado do ano (dos que levamos e que eu saiba) á súa hora, pero que parece ter patente de corso porque (tamén que eu saiba) non recibiu unha soa multa por ese tema no ano. Que teña despois da hora de peche sempre unha persoa de vixiancia á porta para pasar a cancela ó primeiro coche que se oiga e logo voltar a abrila non sería máis que unha anécdota se as forzas do orden quixeran: están avisados varias veces do que sucede. En fin, poderiase falar moito máis do tema e pode que outro día falemos, pero de pronto, chega.
... e hoxe non se oe o musikeo; por unha volta o ruído está aínda lonxe (xa virá, a partir das 2-3 da mañá, acepto apostas).
E no mundo? Comeza o desaloxo de Gaza (ou debera estar comezando)

Ningún comentario: