20050813

Mediados de agosto


A foto de Sta. Cruz aínda cheo de merda (unha das moitas fotos posibles) non indica que todo o pobo (ou mesmo outras zonas de Sta. Cruz) esteñan igual, nin que outras partes do mesmo lugar deixen de estalo. Está sacada unha semana despois da xira, e xa sería tempo de recoller o lixo. Ó fin, só leva unha semana; nos arredores do hipermercado hai cousas que levan dende a inauguración (alomenos, eso parece) e xa o ano pasado, entre os artigos de 'ribadeando' (o libro) foron notificadas. E neste verán 2005, o máis concurrido da historia recente ribadense, ó caos de tráfico, a inexistencia de aparcamento, ós ruídos de noite, ó marmurio nas colas de día, agora xúntase a merda física. Como de todo o que pasa no pobo, ten parte de culpa a estrutura da Casa do Concello, pero non se lle debe botar toda a culpa. Nin tan siquiera ós forasteiros: se os ribadenses actuáramos en positivo, dando exemplo e chamando a atención se é preciso, outra cousa estariamos vivindo... e non só na limpeza.
Esto ocorre no mesmo día que os periódicos denuncian que as gasolineiras galegas son as máis caras de España ou que Bush (jr., claro) non descarta o uso da forza (de novo?) contra Irán.

Ningún comentario: