20051114

Illa Pancha e faro nun día ventoso

A imaxe pode que non de a impresión como se se estivera alí: hoxe foi un día co mar axitado, coas ondas saltando... Aproveitei para coller uns datos do faro:
43º33,4'N, 7º2,5'O. A súa luz acada 21 millas (39km) dende unha elevación de 28m de altura, dos que 13 son do propio edificio do faro. A 'apariencia' é GpD(3+1)B 20s, o que máis ou menos ven a dicir que cada 20s se producen tres destellos seguidos e un separado, como se pode observar calqeura noite. Ben, esos dados son os que collín da sinal que anuncia o faro, posta alí pola autoridade portuaria de Ferrol-San cibrao, á que pertence, a través do Porto de S. Cibrao.
Por certo, o verde que se ve librouse da queima do verán de milagre: é uña de gato.

1 comentario:

ZIMMER103 dixo...

uña de gato sempre necesaria, o ribadeo das marxes necesita uña de gato , Remourelle paraiso natural!!