20051125

Non sei se debo...

Non sei se debo rectificar. Explícome:
O artigo que posteei o mércores 23, 'Quen manda aquí', e do que enviei á prensa unha versión (Progreso/Comarca) tivo hoxe, unha vez publicado en A Mariña (El Progreso) unha airada reacción do alcalde, que me chamou por teléfono gritando e non deixando que eu poidera dicir nada, polo que pasei e non lle colguei, cousa que fixo el xusto despois de dicir unha imprecación que soou lonxana e antes de que eu poidera dicir máis.
De calquera xeito, a posteriori, fíxome pensar e de aí este posteado. A súa tese é que el non recibiu nada e que minto. Pode que porque outras veces xa me ten chamado mentiroso e demostreille que non o era, continou dicindo que me tiña que informar e non falar de segundas. Neso, neste caso, ten razón: para min é imposible saber se recibiu un determinado fax no Concello, a non ser unha casualidade. Pero paréceme evidente en principio non lle conceder máis creto a el que a Vispo (representante de Adega), con quen falei por teléfono o día antes, e me deu a información e de quen tiña recibido xa un correo sobre o tema, correo que enviou tamén á prensa. De aí que escriba 'entereime' (referido a martes) e non 'pasou' ou 'sei', aínda que alguén considere que non debera telo escrito.
Debo aclaralo na prensa escrita? Coido que non, pois moi posiblemente implicaría máis confusión. Por que o aclaro entón aquí? Porque dentro das miñas facultades mentais, por moi mermadas que esteñan despois de 12 anos soportando ruídos nouturnos, aquí escribo eu e non outros tratando de interpretar as miñas palabras, e a corrección dubido que se me publicara de xeito inmediato e como artigo...
Ás veces un non fai todo a dereitas... aínda que me resisto a creer que se non se fan as cousas a dereitas, sexan feitas ás esquerdas: os grises son moito máis abundantes que o branco e o negro.
Unha vez coñecido esto, procurando a máxima obxectividade, agradecería comentarios (alguén xa me dixo que estaba seguro de que o recibira, aínda que non tiña probas, pero voltamos ó de sempre: as probas)
O dito, agradecería axuda.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Metendome no lume, coma sempre, se non se recibiu, supoño que tivo que saber que ese orde estaba dada. Pola prensa que seguro que chamou, por Daniel Vispo que non para de moverse no seu afán de salvar o que é de todos e que o parecer a ninguén importa.
Hai persoas coma ti, como Daniel Vispo, e outras moitas que non vou a nombrar que fan que un se reconcilie un pouco con este mundo no que vivimos. Gracias Antonio. Son Sole.