20051122
A nova en Ribadeo
A nova de onte en Ribadeo non se soubo en xeral ate hoxe: Acuinor volve a obrar en Meirengos. Mentres, desvélase que para os 12 empregos ofertados na primeira fase (+8 na segunda, xa veremos en que queda todo), hai abondo máis de 100 persoas que os pretenden. De aí ven a forza que se manifesta a favor da piscifactoría. de aí virán tamén despois os lamentos máis numerosos: en temas como este, ecolóxicos, veciñais, etc, os loitadores sabemos que non é cousa de todo ou nada, senón dunha carreira de fondo. así, a foto que acompaña xa é vella, amosando unha ría na que estamos perdendo a batalla pero que esperamos conservar máis ou menos moito tempo.
Mentres, aparece hoxe na prensa un artigo pedindo un agasallo de Nadal especial: o rebaixe da tensión que se está a vivir nos nosos concellos. si, realmente parece cousa dos Reis Magos.
Para min, e para o IES Porta da Auga, agora se trata de volver á normalidade tras o Congreso. O IES xa o conseguiu. eu, non, tendo aínda moitas cousas que deixar listas mentres as clases seguen.
--
Unha nova xa vella, do vello blog:
Sobrepasado
Outra vez en clave só ribadense, vexo o rápido que poden pasar as cousas e calquera intento de seguilas vai lento. O artigo anterior sobre a banda, que sairá aínda en La comarca o fin de semana (sábado, pasado mañá) xa está hoxe desfasado.
Por que? É moi longo para o tempo que teño hoxe. O caso é que comezou o tiroteo entre os implicados dereitos na banda. Novas variables que non tiran polo momento para arriba da formación. Mentres, a directiva vai mandar unha carta ós socios non para anunciar unha asemblea, como estaba previsto, senón para explicar a súa nova postura, que, segundo noticias, será o negar o novo convenio, despois de pedir unha solución ó Concello, que respostou con dito documento (...o certo é que, vivindo isto dende fora, seguramente haberá quen discrepe: nestes momentos, todo o mundo discrepa sobre alto, como se os feitos foran opinables, como se os feitos foran equivalentes a opinións ou posturas particulares ou colectivas, ...) en fin, continuará.
Thursday, May 20, 200411:05 p.m.
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
piscifactoría,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario