20051101

A segunda entrada de hoxe, sen foto

Só para comentar un pequeno parágrafo dunha nova de vai dias, pero que din lido hoxe.
Referido a Nova Iorque: entre outros programas, teñen un número de asistencia ó cidadán no que presentar queixas polo servizo de recollida de lixo (en realidade, pola acumulación do mesmo), polo ruído ou por problemas relacionados coa edificación. Opera en 170 linguas, pero eso é o de menos, ó fin, é unha grande aglomeración urbana. En Ribadeo, o lixo campa polos seus respectos últimamente (xa o ano pasado denunciara nun artigo a súa acumulación prolongada, en particular na zona do hipermercado. Respecto ó ruído é tratado parece que con mimo, non vaia a ser que desapareza, como se de ouro se tratara cando é unha contaminación perxudicial para as persoas, non tratando xa de estudar os 'efectos colaterais' que produce. A edificación vai por libre, procurando licenzas e descoidando outros temas como calidade, alturas, etc. E a comparación é entre unha 'deshumanizada' cidade onde por exemplo ninguén coñece a inguén e unha pequena vila onde máis ou menos todos nos coñecemos non aguanta, pode porque coñecerse non implica 'atenderse' ou 'facerse caso'. Atención, sr. Alcalde. E sres. do goberno municipal. E oposición. E veciños, que se non se esixe, as cousas non funcionan (versión municipal do célebre dito 'quen non chora non mama'?).

Ningún comentario: