20051220

Amence, que non é pouco



En realidade, aínda non amaneceu. O lixo está sendo recollido agora ós peś da casa, pero é de esperar que amaneza como tódolos días. Por que logo eso de 'que non é pouco'? Vale, na realidade, é un dito, pero que ven a conto porque algúns días parece que non só é que coste levantarse da cama, senón tamén que lles costa vir. En Ribadeo, días atrás, descubriuse un brote de salmonelose e hoxe entrégase o premio Dámaso Alonso. en medio, Onte comezou unha xuntanza do PAGUS, aproveitamento internacional de cartos públicos que financia o museo virtual que terá Ribadeo (remato de enterarme que os museos de tódolos participantes terán un mesmo portal... :-) )
Parece como se convivira unha falta crónica, neste caso, de saúde, con fastos, para o caso, o premio (financiado pola fundación Fernández Latorre, ó que parece) e cun aproveitarse de cartos para facer cousas que nacen algo desvalorizadas (...mira que non ter un portal propio para o museo virtual de Ribadeo, é dicir, non estar na mesma páxina que www.ribadeo.org...
Logo, ánimo, que é un día máis, non só para vivir, senón tamén para construír, por exemplo, Ribadeo, este pequeno terruño que forma parte da Terra (con maiúsculas) que nos acolle a todos, aínda que parece polo que se ve polo mundo que a uns máis que a outros (que llo preguntes ós das pateras).
Que pequeno é o mundo para dar cabida a tanta cousa (ía dicir tanta desgraza, pero o certo é que coas dificultades pertinentes, gústame vivir e fago esforzos por estar vivo e manter vivos ós demáis, dentro das miñas posibilidades) A cousa é que do pico dunha grúa (técnicamente, 'guindastre') o mundo vése máis pequeno. A falta dun 'aereo' como dín os italianos, subín a un guindastre e tomei algunhas fotos. Aí van dúas, as que amosan dous dos tres centros públicos de ensino reglado de Ribadeo, o IES Porta da Auga, co seu centro de verde entre os edificios principais e máis antigos do mesmo, e con Santa Cruz ó fondo, o CP Gregorio Sanz, que co seu nome fai lembrar tempos difíciles e valentes e a min, lamentar o ter posto un título rimbombante para algo que, nunha situación auténticamente difícil, non sería nin considerado. Pero non o vou cambiar: non se me ocorre outro antes de poñerme a traballar para ganar o pan. Que teñades bó día.

Ningún comentario: