Parece que o frío amaina un par de días. Pero outra testemuña de como foron as cousas por cerca de Ribadeo (neste caso, Vilalba), está na foto da beira: unha estalactita formada a partir dunha goteira nunha billa ó exterior.
Polo demáis, por ribadeo, sen novas no Nadal, sempre aprece un tempo adicable á meditación, no que replantearse a vida e demáis, por eso dos desexos do novo ano, e a pesares do consumo e das creencias persoais de cada quen, un tempo diferente. Ás veces, non se quere, ás veces estáse a desexar que chegue, pero non é doado estar indiferente ante esta época, pour unha ou outra razón. De calquera xeito, cos villancicos consumistas que levan varios días tocando na rúa a base de altofalantes, tamén é difícil retraerse apra estar desfrutando interiormente do tempo de Nadal. E Máis aínda se pola noite, unha tras outra, o ruído da movida non deixa durmir ( e polo tanto, fai máis dificil pensa). Coido que non comentei que nesta data, tras non autorizar a extensión de horario a delegación provincial, non hai sonómetro (está en revisión, un ano máis, en época difícil) nin policía municipal a maioría dos días do Nadal. Movida haina todos, incluída noiteboa, e por suposto, o fin de ano. E por suposto, peche tardío e ilegal: de eso, xa falarei máis adiante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario