20051225
... e chegou o Papá Noël a Ribadeo
Onte dicía que era Nadal, e desexaba un bó día. Bo, pois agora xa chegou o santa Claus. E se non, con botar unha ollada á prensa xa está solucionado o tema: Unha fonte diante do parador, 70 000€ (anunciada xa varias veces, con motivo da idea, de obter os cartos, do concurso, e agora da concesión da obra a Aquagest). Axuda para un centro xeriátrico (esta, só solicitude, pero coma quen di, 'eso está feito', pois o alcalde tamén ten dito que non lle gusta anunciar cousas antes de telas seguras). Adicación dun parque ós indianos (esta vez, só querencia do alcalde, pero é de imaxinar que non aberá problema, pois se trata do xardín de Sela reconstituído, eso sí, a traverso de 216 000€ que calcularon de xeito redondo) como comezo dunha ruta dos indianos cara ó pobo e ó exterior, e que coido que facía falla, si señor.
Unha disgresión aquí: ás veces, gustaríame facer como en programación informática: anidar os parénteses, para expresar, por exemplo no caso anterior, dentro do paréntese que fixen, un (como fixeron?) e así sucesivamente. Fin da disgresión.
O PP estudiará a proposta do parque de bombeiros (anda que non se leva falado esta tempada do tema!). O novo recheo xa está coa primeira capa de asfalto, logo pode dicirse que rematado. A Xunta instalará no novo pavillón unha tarima flotante (lémbraste de cando había problemas porque a Xunta non pagaba non sei que cousa e o pavillón non daba tirado?). Ribadeo serve como exemplo de estudo ós membros do programa PAGUS, programa de asistencia e xestión urbanística (non sallo do meu asombro... ou será para ver como non se fan as cousas? home, tampou creo que sea un exemplo de todo o malo...). Jacobo Rodríguez, co equipo da Universidade de Salamanca, logrou un bó posto na carreira 'Lugo Monumental' (a ver se o collo e tamén a el lle saco unha foto), e ata o PP aumenta considerablemente o seu número de afiliados. O bipartito únese para o novo PXOM (en outras circunstancias, en outro día, diría: horror, non!). E ata a Suso Peña lle van facer unha homenaxe, ben merecida na miñá opinión, por certo (na ligazón que poño está dende vai tempo parte da miña homenaxe).
Claro que hai partes obscuras, como di Paco Rivas, na xestión ambiental, pero no inverno co frío nótase menos o cheire ou os desagisados, ou que o concello deixa de patrocinar o premio 'Dámaso Alonso', pero indúcese (non dedúcese) que buscará financiación privada, e todos contentos: estamos en Nadal,e algo así como 'to o mundo é güeno' (con bó non quedaba moi ben, e hai que facerlle concesión ó Santa, que se non, para o próximo ano non trae nada.
Con todos os agasallos anteriores, xa me esquecía de que no Nadal o frío soe rondar, e este ano, máis que rondar, entrou, con varios días de xeadas, e temperaturas do orde de cero graos antes de cambiar de xornada pola noite, e varios baixo cero nas parroquias do interior. Que frío, que frío, que frío, que vai por aquí, ...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario