Esperei varios días, pero parece que a nova vai lenta. Coido que a oposición parece que frontal do alcalde ó posto de control para a entrada de Mirasol está nun certo punto morto. Como quedou dito xa dende a nosa (miña e de moitamáis xente, a parte do Tesón e a Plataforma) oposición ó recheo xa consumado en Mirasol, o Concello ten armas para parar o tema. Non vexo que o esté facendo, pero polo menos esta vez saíu del a oposición, e non se lle presionou para que o fixera. As razóns que esgrime, utilitarias, coido que non van moi aló: son as típicas razóns comerciais que sairán adiante por algún tipo de presión, pero non por xustiza. Nembargantes, non esquecín aínda como argumento a razón que coido que é principal: os dereitos do pobo a un espaco que é seu e que se lle quere comer. Son máis ou menos as mesmas razóns que se argumentaron no caso dos recheos, ou no caso do parque que se quere reformar (parece que Patrimonio polo momento os ten firmes), ou noutros casos inmateriais como a representatividade dos portavoces veciñais e a palabra nos plenos, ... coido que isto merece un artigo máis amplio que tamén saia na prensa escrita. Voltarei sobre este e outros temas.
Un artigo sobre Hernán Naval [ver lista total na serie de artigos posteados co título xenérico de Hernán (Hernán Naval), escritos e prensa, o 17/18 de decembro].
--
Data: --/10/02 | Fonte: Web „A Nosa terra“ |
Título: Seitarismo ou sensibilidade | |
Autor: Xosé M. Sarille | |
Descrición: Entre Hernán e Ucha, un arquitecto ferrolán. Unha comparación por mor da institución dun premio. | |
Comentarios: a día de hoxe, en procura de autorización para o posteado. Chamada á Nosa Terra e espero entrar en contacto co autor. En caso contrario, en breve será retirado. 30/12/05: autor contactado e permiso concedido. |
Ligazóns ó listado de entradas sobre Hernán (ata o momento):
Hernán Naval, escritos e prensa VII
Hernán Naval, escritos e prensa VI
Hernán Naval, escritos e prensa V
Hernán Naval, escritos e prensa IV
Hernán Naval, escritos e prensa III
Ningún comentario:
Publicar un comentario