Coido que de novo farei unha entrada en partes, esta vez temporais. é dicir, meterei o post ou artigo en varias veces desconectadas.
Aproveito que Chenchu me envía o cartel do novo concerto en primicia (supoño que tardará varios días en saír á rúa en Ribadeo, e así vai facéndose o anuncio) para postealo en conxunto co lateral do mercado. Teño claro que non o podo poñer (cartel xunto á foto) sen algunha advertencia ou comentario; aí van.
O primeiro comentario é algo xocoso: lembrando cando se dicía que era Hernán o da foto de portada do primeiro CD da banda (couas por outra parte dificil polo tema e época da foto), quero deixar claro que ese non é Hernán, e tampouco me parece Lourenço nin ningunha outra persoa que teña relación coa banda, incluídos chenchu e eu mesmo.
Segundo, a relación entre as imaxes é cousa miña pola oportunidade de que esta mesma mañá tomei a foto. Tampouco quero que se me indique como profanador de algo do xeito da imaxe do pianista co pequeno, de cú ó fotógrafo, que saíu no libro do 5º aniversario da Banda e foi criticada como unha falta de respeto.
Tras curarme en saúde cos dous primeiros comentarios, e como na foto non se ve ben, lembrar que a inscrición que leva o mercado é de 1935, doazón de D. Ramón González y Fernández (naturalemente está escrito 'Donación', en castelán), e o cartel tamén é unha doazón, aínda que sexa máis modesta. ero máis repetida porque Chenchu leva feito 'uns cantos' carteis para a banda.
Por último, outra precisión que para a maioría non será necesaria: a estética que deu lugar ó lateral do mercado, tipo de letra incluído, non é a mesma que a empregada para o cartel. Ou si?
Comentarios anteriores a parte, está claro que tanto o mercado como o cartel fan e farán a súa función. O cartel, atraer a xente á mensaxe do concerto (non indicar que na cabeza caben instrumentos e non música) e o mercado, deixando un espazo diáfona para o comercio, con luz suficiente e, ó tempo, bonito para o disfrute conforme a certos cánones.
... Desque me metín a crítico de arquitectura e deseño, non hai quen me pare. Por eso, aí vai tamén un comentario sobre unha peli que vin onte, a referida no post anterior, ó que espero darlle aínda un par de voltas, pero non me resisto a non poñela tal como está para facer un pequeno confrontamento co anterior, que si que é arte...
Aí vai:
--
Semilla. Recuperación de la Memoria
Despois do Nadal parece que hai unha certa resaca. Difumínase a propia festa, e máis neste tempo de compras e consumo que non había hai uns anos. Por eso o documental semillas (recuperación de la memoria) que foi proxectado hoxe na Casa das Letras pode producir un efecto máis beneficioso se cabe. Un Ribadeo que tenta ser engalanado convírtese nunha caricatura de consumo fronte á imaxe de anuncio do documental, cunha bandeira republicana lembrándonos non que houbo dúas españas, senón que tivemos outra España.
As imaxes de Xixón que comezan o docuemntal parecen ambientar, pero na realidade son un marco para o real, a vida actual da memoria que se tenta de recueprar: unha imaxe de normalidade. O visionado, feito cun formato inadecuado que estiraba ó ancho, non fixo desmerecer a forza da imaxe de Juan, Carmen e tantos outros que prestaron a súa memoria persoal para a recuperación da memoria colectiva. O exceso de luz nun autobús que onducía a algúns republicanos ó concerto de recuperación da memoria histórica que deu pé a este documental non resta un ápice o calor que se sente por exemplo co '¡Ay Carmela!' que resulta unha manifestación non de xente, senón de sentimentos nese concerto de xuño do 2004 en Rivas Vaciamadrid. Como un dos entrevistados manifesta. O dicir públicamente que existiu é tamén recoñer a existencia de moita xente, e do valor do que fixo. Neste caso, trátase de republicanos, xente da república española, pero a humanidade que se manifesta fai ese recoñecemento extensibvle a moita outra xente que obrou e viu a súa obra sepultada. Algunhas imaxes a cámara lenta, caras de persoas ou sinxelamente seres humanos fuxindo, recollen o sentido da canción, das palabras de fondo e focalizan a idea tanto como o fan os carteis pro progreso creados na república, que animan non unha idea de España senón unha idea de mundo.
As seccións do documental pasan rápido. Algunhas, porque se absorben. Noutras, non é só a absorción, senón o querer pasar largo e deixar a guerra, a destrucción, detrás. Así, cando chega a fin da contienda por medio do parte radiofónico, o contexto gráfico de fuxida da xente da un sentimento ó tempo de historia cambiante e ganas de pasar capítulo. Tendo relación con Ribadeo, a imaxe de Gregorio Sanz vénse á memoria.
É 'Al alba' unha canción, con planos curtos, e esceas de lonxitude media como en xeral no resto da película, aque introduce de novo a vida tras a morte da guerra.
A película, cos collages de diapositivas, entrevistas, visión da xuntanza concertística, etc., representa un ensaio de formas que se completa no capítulo adicado á transición, marcado polo 'españoles, Franco ha muerto' de Arias Navarro e o intento de golpe do estado do 81, a partir do que se corta un proceso de rememorización e xurde a 'construcción do esquecemento', a construcción del olvido á que fai mención a película.
Novamente dende unha perspectiva galega, o recurso a Castelao, 'non enterran cadavres, enterran sementes' cádranos perto para comezar o capítulo sobre o futuro.
Unha mostra que hai que interpretar en base á propia traxectoria persoal na historia deste país.
1 comentario:
Escrito sae:
'[...]profanador de algo do xeito da imaxe do pianista co pequeno, de cú ó fotógrafo, que [...]'
Non me fastideis que alguén deulle por pensar mal desa foto... é increible sobre todo porque esa imaxe é increibelmente tenra... e a min me resulta moi cariñosa... jo jo, me parece increibel que alguén se poida tomar a mal esa imaxe (hai que ter unha cabeza moi perversa).
Por certo.. creo que o gravado que utilicei pra o cartel é Oscar Wilde, a min polo menos se me parece.
Publicar un comentario