20051208

Paso dos 2000


Onte pasaron das 2000 entradas no blog dende o seu nacemento. Graciñas pola confianza de todos os que aquí entrades. Espero seguir tempo con el, se a censura non actúa (e eu non lle dou motivos como ata agora levo feito) ... vai algún tempo, algunha visita me fixo recapitular e ando coa mosca tras da orella. Esperemos que siga todo ben, aínda que algún (=Balbino Pérez Vacas, alcalde actual de Ribadeo) me chame 'mentiroso'. Espero que algún día se arrepinta sen ter que levalo ós tribunais. Tentei de subir unha foto con flores, pero non sei por que, hoxe non vai. Queda así. Graciñas. // Como vedes, xa subín as flores: unha especie de auto-agasallo.

3 comentarios:

marinho68 dixo...

Felicidades, e que sexan 20.000 entradas. Que saibas que o vexo tódolos días, sigue así.

Isto é unha especie de periódico ribadense. Pena que o Señor Alcalde non se digne a contestarche no teu blog, estaría moi ben. Supoño que ese non será o seu traballo, lóxico.
Pero igual que contesta dende o Progreso ou á Cope tamén o podería facer dende eiquí. Animo ó Sr. Alcalde a que o faga.

Agremon dixo...

Non o sei ben, pero coido que o sr. alcalde hoxe estará de viaxe por calquera sabe onde, e non é que contestar non sexa o seu traballo, é que non se digna...

acedre dixo...

Noraboa polas visitas.
Eu non quero saber as visitas que tenho para que non me entre unha depre.
Saudos.