20051205

Pasou o domingo

Aló se foi o domingo. O retrato dunhas lambetadas nunha confitería de Ribadeo serve apra dar un ambiente festivo a esta entrada, remarcando que o máis salientable deste domingo foi que temos outra vez o mercado do nadal no parque de san Francisco e a obra de teatro "García", quetrata de narrar o estado de ánimo nos últimos tempos da vida en cadea do derradeiro Rei da Galiza, ó tempo que expón de xeito solto so fitos da súa vida e o tipo de goberno que realizou. É recomendable para quen queira adentrarse algo naqueles tempos medioevais nos que se perdeu a autonomía política en favor de Castela-León. Nembargantes, e pese a sere o 'auditorio de Playmobil' e a subvención que deixaba a entrada en 5 €, a entrada deixou case vacía a sá de butacas. Á saída, alguén me reconfortou fronte ós ataques dunha mala persoa na prensa. Estou preparando o continuar facendo artigos na prensa diaria: coido que son convintes para o pobo.

Ningún comentario: