20051213

Por encargo



Para a entrada de hoxe recibín un encargo, e en parte acepteino por eso vai ser unha entrada especial. O encargo era relacionado coa nova que apareceu onte da crítica do presi de Intel (a empresa de máis volume de ventas en procesadores informáticos) que o o ordenador chamado 'dos 100 dólares' é (pouco máis que) un gadget. Ben, antes de falar sobre Ribadeo, este tema chámame a atención porque a iniciativa de subministrar millóns deses ordenadores baratos a xente de países pobres para que podan non perder o tren dixital é unha máis das que vai nese sentido, pero das poucas que teñen nado nos países ricos, está apoiada polo MIT, unha auténtica potencia mundial en tecnoloxía informática entre outras cousas, ... e implicaría a necesidade para as empresas no mercado de procesadores de abaratar os precios de venda dos seus produtos. É dicir, algún tipo de crítica porque si, estaba cantada, a parte da excelencia do produto, que varios países anunciaron que comprarían por millóns antes de ter unha versión definitiva do mesmo. O feito de chamalo 'gadget', algo así como 'chisme', 'trebello', indica que a ofensiva non vai por temas de calidade ou precio, senón por propaganda e peteneras. Segundo a nova, se intel fixera a mesma procura de mercado para os seus procesadores, moi probablemente non tería chegado a onde está.
Falando de 'gadgets', en Ribadeo todo está listo para solucionar a comunicación porto-casco vello: máis de 30.000€ farán posible o resolver un concurso que a min me chama a atención e, sexa cal sexa a solución, usarei algunha vez aínda que a meirande parte das posibles opte por camiñar dun xeito saudable subindo e baixando a costa ata o porto. De calquera xeito, que nos estamos tecnificando é un feito, e se non, aí está o anuncio de cursos gratuítos de informática da Asociación Puente de los Santos. Que por certo se une a unha boa nova: parece que vai ser asinado en pouco tempo o convenio para que se poda abrir a piscina de novo. Quédome desto último co feito que todo o mundo espera: a apertura posible antes do verán. Coido que haberá apostas sobre o tema.
As fotos, dúas que cadrarán un pouco a desmán dos medios que se pretenden de acceso ó porto. Non tanto pola distancia como por a idea que impulsou a súa construcción. Unha, da situación actual do recheo, no que a area está xa case aplanada e é de supoñer que dous anos despois da manifestación en contra da súa realización e da reviravolta do alcalde, xa pouco quede para ver o seu aspecto definitivo. A outra, da praza da música, nome que xa foi honrado con varios concertos no seu interior pero que contrasta do carácter áspero dos seus muros na parte inferior na actualidade. De seguro ha cambiar, se ben aínda é cedo para dicir en que sentido: quen sabe que se poñerá naqueles baixos?

1 comentario:

marinho68 dixo...

Iso sí que é rapidez, sí señor. "Grazañas" pola inclusión do artigo sobre Intel.