20051228

Ribadeo, ano 74

    Por obra e gracia de Conchita (a 'Presi' de O Tesón), caeu nas miñas mans unha 'Comarca' do ano 74, a do 4 de agosto. Quedei dunha peza cando vin as sinaturas dos artigos: Vicente Risco, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, fan de viciños de Gregorio Sanz, Víctor Moro ou Daniel Cortezón, en seis páxinas adicadas case totalmente a dous temas: os irmáns Suárez Couto e a desaparición do coro de gaiteiras "Saudade". É un número a ver cun pouco de calma. Del trataremos algo máis.
    Hoxe tamén chegou ás miñas mans un libro musical: '50 aniversario da coral Polifónica de Ribadeo'. Moi ben coidada a edición, fotos que xa son memoria ribadense, artigos escollidos e relación de coralistas (histórica, con fotos) e actual, listado de actuacións ... outro libro a ver con un pouco máis de calma.

Ningún comentario: