20051223

Ribadeo antigo

Chegou ás miñas mans unha copia dunha vella enciclopedia (só sei que os datos da mesma son de 1926), e mira por onde, o escudo de Ribadeo tiña outra apariencia... parécese menos ó actual que o plano do antigo Ribadeo ó do actual. As chaves? A estrela? As ondas do mar? Nada de eso aparece. O que si parece é un enigma que tentarei de enterarme como pode ser resolto, pois as diferenzas son evidentes.






En canto ó plano de Ribadeo, son pequenas cousas as que chaman a atención, dende que a chegada ó embarcadeiro de mineral presenta unha asimetría que hoxe non se deixa ver a que a actual Avda. de Galiza-Avda. de Asturias corta parte que xa estaba edificada a principios do pasado século, ou o detalle da baixada a Mirasol que finaliza nunha sinxela rampa despois de facer un zig-zag, ou a estructura de árbores no parque, ou ...
Hoxe as novas implican a unha pista de atletismo que se pretende para Ribadeo (avisando de que antes se cubriron as necesidades para o fútbol), un ciclo de documentais e crítica cinematográfica, unha dinamización do sector hosteleiro (calquera o diría que está sen dinamizar), a presentación esta tarde do libro 'Do vello Ribadeo', de Eduardo Gutiérrez, unha obra de títeres mañá, a finalización da expo de cerámica de Buño na oficina de Turismo, ... pero sobre todo, o previsible corte da carretera de acceso ó porto despois da cosntrucción dunha garita de Portos para o acceso. Como se non se avisara con tempo pola miña parte e polo Tesón, como se o mesmo alcalde non estivera con cambiachaqueta na manifestación convocada contra o recheo, como se... en fin, mellor parar, que de desgrazas está o mundo cheo.

Ningún comentario: