20051216

Ribadeo, dende unha grúa



As dúas imaxes de hoxe son unha curiosidade: dous aspectos dun mesmo lugar (o peso morto para basar unha grúa), vistos a nivel do chan e a 32 m de altura, na cabeza da grúa (dende o comezo da contrapluma). O lugar de situación da grúa non da para moito máis, aínda que algunha foto tomada onte ha caer polo blog noutro momento. como referencia, un pé asoma na foto do alto, como comparación cos 39000kg de cemento fotografiados. Por certo, que esa foto saíu algo movida...
Falando de cousas de fóra, foi votada no parlamento de xeito negativo a proposta (na que interviña o BNG) a favor dos programas libres na administración. Polo momento, é non, a pesares de que varias comunidades xa camiñan nese sentido. Atrévome a pronosticar que en non moito tempo a resposta será si, aínda que pode que suavizando a proposta de algún xeito. Cabe lembrar que ainda que minoritario polo momento, o chamada free software gana terreo en todo o mundo, e entidades públicas dende concellos (Munich) ata estados (Brasil) xa apostan por el.
No medio, entre a grúa e Madrid, Ribadeo e Galiza.
Ribadeo ten un proxecto (Clube náutico mediante) para abrir o pobo e a zona á cultura mariñeira, e en palabras do presi Cao, deixar de darlle as costas ó mar. Boa cousa é, e cartos dispón. O xeito de levalo a cabo, e os resultados, esperemos sexan o mellor que se poda, e así que se cumpra o desexo do Presidente do clube náutico. Dende aquí se contribuirá no pouco que se poda, e tratarase de apoialo tamén noutros foros se se lle ve bó camiño.
A pesar de ser en comezo mellor nova, non vexo tan claro a adquisición de varios edificios por xestur (a carog da xunta, claro) para rehabilitalos, mellorar cascos vellos e revertilos para xente nova... a iniciativa véxoa moi ben, pero o que chega non remata de parecerme claro.
Abren de novo a ría de Viveiro para o marisqueo, despois de aminorarse a maré vermella. Pregúntome se non será algo pronto aínda, pero é de supoñer que saben o que fan; ó cabo, xa teñen experiencia anterior sobre o tema.
En Ribadeo xa comezou o reparto de abetos para as tendas: comeza o Nadal, e con el a campaña de Acisa para promover ventas, sorteando un soldo. Se tocara... en troques, as árbores dánme pena, porque o seu futuro despois do Nadal é incerto. Tratarase de que se vaian recuperando cada vez máis: teño plantado un repuperado despois de estar perto dun mes na casa, crecendo frondoso despois de adaptarse ó novo erreo (o 'stress' fixo que os primeiros anos case non tirara para arriba, aínda que a fronda aumentara)
Por hoxe vai ben, amigos. Ata mañá (asamblea de Amadores, hoxe concerto no auditorio, ... non dou feito, pero hai que ter conta que esto non é un xornal, é un blog..)

Ningún comentario: