20051228

Santos inocentes... ribadenses?


A imaxe (movida) do vello cine dame para este primeiro contacto co día dos Santos Inocentes. Como outras veces (prometo non avisalo moitas veces máis), hoxe farei a entrada diaria en partes, case con seguridade. O apremio de moitas cousas que contar, ideas que aínda non saen, outras que sairán, etc, fan que vaia pouco a pouco ampliando (e ás veces tamén corrixindo) o que meto.
Vexamos... o cine, de noite, movido e descuidado, sen uso. Mentras, a poucos metros de distancia, a proxección de outro documental do ciclo, 'La revolución no será televisada' (nos rótulos do mesmo, 'transmitida') fáise nunha pequena sá, a da Casa das Letras, e para pouca xente, a través dun proxector de vídeo e cunha cinta que calquera diría que está baixada de internet. Estaba entre os asistentes (comentarei máis tarde a proxección) e estaba tamén pensando nas diferencias entre eses dous edificios e a consideración que gozan hoxe. Outro elemento máis é que os dous son aparentemente privados, só aparentemente, pois o cine teatro pertence a unha asociación de tradición ribadense. Outras de hoxe: en Le Monde aparece a nova da existencia dun libro branco para tentar de cambiar os modos horarios españois (que xa escoitara por outra beira, pero que aquí aparece ben comentado), e a existencia de 'Digital Universe' que as novas pretenden equiparar á Wikipedia... en Ribadeo, pro fin xuntos nunha presentación dun convenio que aparentemente beneficia todos, os representantes dos tres grupos políticos municipais.
Como complemento, outra entrada de Hernán. Pero eso será despois de durmir, hoxe o corpo xa pide descanso.

Ningún comentario: