20051217

Sábado, banda, Amadores da Música, Hernán, Ribadeo...

Hoxe, sábado, fun á xuntanza anual de Amadores. Menos do 4% dos socios estabamos alí. Mágoa. xa o dixo tamén o director da banda, Lourenço: asómbrase da pouca participación. Como quen oe chover. Daniel, o presi de Amadores, desgranou o ano e despois, con outros criterios, tamén o director. Antes, o tesoureiro, Marcos, deu conta das contas. Parece que en xeral foi un ano complicado pero deuse saído del. As relacións co concello, con altibaixos: Daniel intentando suavizar e Lourenço dicindo eso, con altibaixos, con atrancos en calquera pequena cousa, e colaboración dependendo de quen. Supoño que pasado mañá sairá algo na prensa. Xa veremos. Eu fixen unha pregunta sobre a páxina web que se proxectara anos atrás. Polo que parece, existe a intención, pero polo momento nada máis. a da Escola Municipal de Música de Ribadeo parece que sairá pronto, da man de Lourenço e Suso López. Ofrecinlles o que xa está en http://personal.redestb.es/agremon/. xa está desfasado, e irase cargando aquí, como teño dito outras veces, pero coido que para ambos proxectos de páxina pode servir.
A foto, da 'Pena do encanto' en Santiso de Abres, un pouco de auga fresca agradable veciño de Ribadeo. Un paseo interesante entre a natureza.
Novas? Un 'espectáculo de maxia' que ía abrir os agasallos ós cativos por parte de Acisa non puido ter lugar por un accidente. O PP di algo así como que queren acosar á xerente da comarca da Mariña Oriental, Azucena Glez. E a aduana, que andaba algo movida en canto ó servizo de vixianza, parece que se queda tal como está e que a falla no verán debeuse a moivos circunstanciais; vamos, que polo momento non nos quedamos sen outro servizo máis despois do xulgado.
Un sábado tranquilo en Ribadeo. O resto do mundo? hoxe pasamos del. Se podo, dentro de un pouco cargo algo máis de Hernán (hoxe foi nova de música)

Ningún comentario: