Un amigo vai aproveitar o día para sacar fotos. De seguro que lle van saír moi ben, pois co frío e claridade hai unha limpeza no aire propia para a fotografía.
A ver se o tempo aclara tamén as ideas do batiburrillo urbanístico: en Viveiro piden á Xunta a suspensión de licencias, que eles non poden exercer por pasar pouco tempo dende a anterior, e polo que parece, deféndeo o PP... en Ribadeo, en troques, comeza a aplicación da revisión das vivendas do casco vello, que aínda que a primeira vista está ben, para obrigar a cuidar as casas do mesmo, despois xa non está tan claro porque obriga a revisar todas as casas, aínda as recén reformadas, pagando polo método un bó pico, pois non é libre.
Para fundir o tema, os de Rinlo pasaron onte un tempo sen luz: xa se sabe, Ribadeo, terra sen luz no inverno dende vai tempo, e as melloras veñen lento.
Das fotos, pouco que dicir. Eu tituleinas 'derrubemes', 'ocoatapar' e 'ocotapado', que coido que son títulos abondo ilustrativos e que as identifican moi ben.
Unha é para comparar o derrubio que hou na carretera do faro un mes despois de producirse. Alguén nota a diferenza?
Outra é un oco na rúa Calvo Sotelo que pronto será tapado e aproveito para poñerlo porque pronto non será posible tomar esa foto: xa ten posto o cartel de construcción, aínda que non pareza na foto.
A terceira, na baixada a mirasol dende a carretera, o muro de formigón continúa nas novas edificiacións de xeito que parece Manhattan, aínda que non o sexa, nin cativo. O cartel contrasta: ven a dicir que é un adecentamento e facilitamento das labores do porto, e refírese á caseta que hai máis abaixo a medio construír para evitar que calquera coche pase pola zona do porto. As tres fotos falan de construción. Coido que tamén de destrución.
--
Unha lectura vella:
'Sonríe para hacer felices a los demás', feito por min para o libro do 5º cabodano da bsmr. ... non o dou posto de xeito.
Sonríe para hacer felices a los demás
Así rezaba o lema dun programa de corte relixioso fai cerca de trinta anos. Algo así pode ser tamén o lema de Amadores e a Banda: tocar para disfrute dos máis. Ó mellor non queda ben como lema, pero é unha realidade feita a base de traballo e esforzo diario. E colaboración, moita colaboración.
Igual que se celebra o cabodano do momento do parto, na banda celébrase o da presentación. Nembargantes, houbo unha xestación e tamén hai que lembrala. E en calquer caso, a moita xente: dende o primeiro momento, Choupo, e Tino, como os liantes do cotarro, pero tamén Ernesto, facendo desinteresadamente o lenzo que puxo o telón de fondo na presentación, César, sucesor del en moitas ocasións, del Río, cedendo instrumentos para o seu usufructo pola banda, Hernán, por suposto ... e moitos outros, como Pepe, co seu esforzo contínuo como pipa, que a parte de pagar as cuotas para manter económicamente a sociedade poñen o seu traballo e dan o que teñen para colaborar nesta empresa.
Tamén houbo os seus desencontros e miserias na vida destos anos. Non se trata
de esquecelos, que quen esquece está disposto a volver a cometer os mesmos erros, senon de superalos nesta celebración.
A andadura da banda, primeiro, Banda de Ribadeo, logo Banda Municipal de Ribadeo (BMR), non foi sinxela. Diferencias e dificultades de todo tipo foron pasándose mellor ou peor, ate chegar a hoxe en día. E así podemos atopar a esta agrupación herdeira de outras anteriores, pero ó tempo, netamente diferente a elas na súa concepción. Se nalgún momento se viu a banda como unha nova época doutra banda anterior, pronto quedou anulada dita visión, tanto pola variación de músicos (novamente o Choupo, esta vez como nexo e testimonio de outra época), como polo tipo de música, a voluntade fortemente discutida de non combinar a interpretación coa marcha e moitos outros pequenos detalles.
Son opcións así escollidas, que configuran unha banda, repito novamente, diferente, pero que ten moi en conta, e disfruta das ventaxas que lle supón, a tradición musical en Ribadeo.
Noutro lugar se atopa un listado de músicos. Moitos deles, a maioría, seguen facendo a súa labor ensaio tras ensaio para que podamos escoitalos concerto tras concerto. Outros, como Enrique, Clara, Goyi, Charo ou eu mesmo, por diversas razóns estamos fora da formación, pero seguimos apoiando e disfrutando dela. Outros en fin, volven ocasionalmente, cando poden, á disciplina que manda a batuta.
A banda, dende o principio, foi unha familia, aínda que pola extensión actual variaran moitas cousas dende os comezos ate a actualidade. Esas e outras "moitas cousas" están incluídas tamén na historia: Olvidos de instrumentos por parte dos músicos para actuacións fora de Ribadeo (maiormente, clarinetes), necesidade dun servicio de orden que permitira ter a algunha actuación, como na Plaza Real barcelonesa, noites enteiras en autobús no medio dunha nevada ou polo contrario, actuacións cos ollos medio cerrados e sudando a gota gorda. Autobuses que se estropean e que fixeron chegar co tempo xusto ou aínda con retraso a algunha actuación, e coches particulares, sucedáneos de autobús, nos que o ambiente non deixaba de ter o mesmo calor que naquel.
Tamén, accidentes. Pequenas cousas polo momento, das que poden dar conta César ou Javi. Ou roturas inoportunas (¿cándo non son inoportunas as roturas?) de resortes ou mecanismos, amañados sobre a marcha polo "equipo técnico" da agrupación, a veces aínda con sofisticados instrumentos como gomas elásticas ou navallas.
Son montóns e montóns de anécdotas as que van conformando a cultura da banda, acompañando ás pezas tocadas, ó saber facer musical, a adicación, ... Esas cousas, que configuran a vida interna do conxunto, a que non se ve normalmente dende fora, van acompañadas doutros detalles que si se notan pola audiencia.
O que a banda saíra con carpetas deseñadas con coidado, aínda que baratas, a inclusión da manga corta de camisa no uniforme, carteis que son para coleccionar e que se poden ver en máis dun lugar como decoración de gusto, dípticos con información que tamén forma, saídas e recollidas do esceario en orde, a ilusión a flor de pel que rezuma nas actuacións, en particular na casa, ...
Tamén, as polémicas mantidas na prensa e na rúa, parte delas creadas cunha idea non musical, conforman xa a historia da banda e de Amadores. Ou a Academia de Música "Carlos Álvarez Fernández-Cid", ou os boletíns editados, ou ... a historia da banda é corta no tempo, pero dilatada en feitos. E segue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario