20060122

Dúas rúas, unha cita, un novo Ribadeo



As dúas fotos corresponden á travesía Suso Peña e á Rúa Suso Peña (a que está en curva), ambas en San Lázaro e entroncando unha coa outra: así se decidiu o outro día no pleno do concello ribadense, en base a unha proposta veciñal que se materializará en dúas semanas, coas actividades en lembranza de Suso.
Inconexa co anterior, unha cita que levo apuntada dende o fin de semana pasado, con cantautor Raimon (Raimon Pelegero), que seguro que coñecen quenes viviron o principio da transición en España: "Acábase a dictadura, pero a loita pola democracia non se remata nunca". E nesas estamos, esixindo máis democracia para facer unha sociedade mellor. Lector, súmaste? Así cumpriríase entre outras posibilidades, a terceira parte do título de hoxe: 'un novo Ribadeo'

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Alégrome de que por fin o meu ben querido amigo e mestre Suso Peña vaia ter a súa ben merecida homenaxe.
Espero que @s habitantes de tan ilustre rúa saiban apreciar tl honor.
Alégrame tamén descubrir este blog.
Unha aperta.
:)

Anónimo dixo...

A min tamén me alegra. E tamén me alegraría que a Escola de Música Hernán Naval, se chamase así oficialmente.

Unha bágoa.