Sentemento difuso. Pode que sexa unha boa definición. De que? do sentemento que noto ante os anuncios diarios, repetidos unha e outra vez, de obras e novas cousas que emprende o Concello en Ribadeo. Porque cada cousa anunciada pode ser unha oportunidade, pero logo se leemos a 'letra pequena' resulta que non é máis que unha oportunidade perdida de facer algo oportuno. Dende o outro día sucedéronse (para que saíra no xornal a fin de semana, claro) avisos diversos. Collamos dous casos: A área das Catedrais vai, é anunciado por enésima vez, a sufrir unha inversión. E ben dito o de sufrir: construirase entre outras cousas un aparcamento apra 504 prazas de coches e 11 de autobuses (se non collín mal os datos), a parte de prazas para minusválidos. A información implica unha zona asfaltada a carón da praia, 'do outro lado da carretera', deixando só para uso en situacións de moita afluencia o actual aparcamento. O novo será con peaxe, e fálase de que tamén concurre a iniciativa privada. Por favor, misturar todo, axitrar, ... e logo xulgar.
A polémica do peiraou proibido parece que vai para solucionarse: Tiraranse galpóns e farase outra vái paralela á actual. Logo unha de dúas: ou ben non estaban usándose e logo a petición de máis espazo no peirao e a nova ampliación estaba de máis ou ben si estaban cheos e logo vaise construír máis, por exemplo no recheo. Unha solución como a de pasar unha vía por encima dos galpóns non foi considerada, que eu saiba, a pesare de ser algo parello proposto por min vai tempo. Moi bó rollo, pero a estrada do faro segue sen ter adxudicado dono. E sen separar, que son dúas cousas diferentes, derrumbe e mantemento de estrada.
Para deixar outro gusto (calquera sabe...) foron detidos mariñeiros rusos por fastidiar na noite do sábado 15 coches. Non só hai vándalos na nosa terra. (mal de moitos...)
Hoxe non van polo momento fotos nin traballo sobe Hernán. Xa veremos máis tarde. Mentras, despois de dous días sen actualizar, espero que preste o post de hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario