20060107

Despois de reis... raiñas?


Coa igualdade que se di de sexos (para min, de persoas), polo da cuota sexual (verdade que soa mal?) tocaría o día das raiñas. Como coido que é unha tontería plantexalo así, a ver que parece outro plantexamento: dende comezos de ano xa morreron varias mulleres por agresión de parella... Coido qu hai algúns que son animais, pero non racionais, e menos aínda, con sentimentos doces cara á súa perella. e se algunha vez os teñen, habería que preguntarse que clase de comedia é esa.
Días atrás comentei unha pintada. Velaquí está, na entrada da rúa Calvo Sotelo, á vista da peatonal (Rodríguez Murias) e na parede dun banco. Non vou disculpar ou defender a pintada, nin o carácter anarquista de quen a fixo (aí está a A nun círculo para atestiguar algo deso), senón seguir un pouco máis o de 'o roubo é unha propiedade'. Xa aló por épocas antiguas tiñamos cousas como os feitos de Robin dos bosques, quitándollo ós ricos para darllo ós probes (contan as crónicas/lenda), basenado o concepto de roubo nun rasvase de riqueza de base a propiedade de cartos. Coido que hai algo de semellanza entre a sentencia do muro e a que eu propuxen o otro día, se ben a miña pode interpretarse tamén de outros xeitos, como propiedade atribuíble a determinadas persoas, por exemplo. Pero non desbarremos. Poñer roubo e propiedade en pé de igualdade pode levarnos máis aló, xa que se as nacións colonialistas desposuíron ós colonizados longo tempo (=roubo), as riquezas destes deberan ser tamçen, alomenos, daqueles. e calquera riqueza tería unha base de roubo, de explotación ou substración, no sentido marxista. Vai anos que se intenta dicir que na actualidade a riqueza non ten que ver coa producción, pois o funcionamento financeiro elude eses pasos 'máis rastreros e complicados'. Porque os cartos teñen pasado a ser un producto máis, pero máis 'limpo'e productivo, téñense apartado da realidade e funcionan de xeito independente, coa máxima de diñeiro chama diñeiro. Mentras, se alguén non ten cartos en abundancia, non se entera do proceso máis que para constatar a erosión das súas propias propiedades, literalmente roubadas polo 'sistema financieiro'. Coido que por hoxe é abondo de reflexión, despois dunha época consumista como a do Nadal, e pode levar a un batiburrillo do que non sexa doado saír. Por eso, sinxelamente, apro aqui.
... Para levarme a sorpres ade que antonte houbo unha agresión: uns rapaces (polo que parece, algún maior de idade) estaban a xogar no Cantón cunha pelota que foi a parar a un coche enfrente. O conductor protestou e a cosua acabou en agresión... tentarei de enterarme dos detalles, porque tal parece unha desas cousas que sempre ocorren nunha cidade máis ben lonxe e deshumanizada (si, o contrario da humanización que se pregoa dende o concello)
--
De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

Data: 4/9/98

Fonte: La Voz de Galicia

Título: DIALÉCTICA VERSUS POPULISMO

Autor: HERNÁN NAVAL PARAPAR

Descrición: Un punto clave neste artigo é a importancia dunha ampla e correcta educación musical.

Comentarios:

DIALÉCTICA VERSUS POPULISMO

Hernán Naval

Na densa e socialmente analítica biografía que do compositor alemán Hans Eisler ten escrito Albrecht Betz (Hans Eisler. Música dun tempo que se está a facer agora mesmo. Ed Tecnos. Madrid, 1994) o autor di que “a realidade foi para Eisler, no seu máis amplo sentido, a realidade política”. E para nós, que profesamos a paixón polo autor de Catorce xeitos de descreber a chúvia.

Cando hai seis anos andabamos a intensificar ensaios e atender a cuestións organizativas para apresentar ao público a Banda de Ribadeo (máis logo, Banda Municipal de Ribadeo) debuxamos un horizonte diáfano: iriamos co tempo, coa realidade daquela e de hoxe, asumindo e concebendo dialécticamente, un ideário.

Un ideário

En rematando o século unha banda amateur de nenos e xóvenes non se ha guiar, como cerne esquemático do seu facer público, por unha espécie de xornada laboral –que ten implicado explotación de menores- que comeza coas dianas e alboradas por bárrios e congostras, a domicílio, mesmo clientelares; as bembas do Trompeta, como as de Armstrong, cando chega a hora da procesión longa ou curta, prévia Marcha Real ao alzar, para de inmediato tocar a sesión vermouth, antes pezas da misa, e se a xente fala e do tiovivo ou do tinglado dos carros eléctricos ven boureo ou mesmo ladridos de pop polo aparello megafónico, mellor así na pífia do Sitio de Zaragoza ou da Leyenda...non repara ninguén máis que o irredutíbel. Á tarde, fútbol, volta ao terreo de xogo no descanso, antes doutro concerto que, xa postos, deberá chamarse sesión viños; e no sul, verbena...1998, agardando o embarque para o sécula XXI: en Galiza aínda hai Bandas, mesmo boas, que pratican cada verán este atavismo. Será antropolóxicamente interesante, pero culturalmente é, como mínimo, anodino, e moitas veces perxudicial para a instrucción musical dos protagonistas.

A educación

E velaquí: a educación. Un proxecto funisecular de Banda amater é educativo ou non é nada. A criación e posta en funcionamento a finais de 1993 da Escola Municipal de Música de Ribadeo, pública, hoxe con douscentos alunos, é lóxica consecuencia do conceito co que ano e médio antes se apresentara a Banda, aínda que semelle incoerente que primeiro houbese banda e logo se fixese a Escola. A Banda foi unha iniciativa civil afortunada pero limitada; a súa conceitualización como moderna Banda de concertos correspondeulle a quen asina esta nota, ergo, había que montar a Escola. Como garantía de futuro para a Banda. Para que a Banda medrase evolutivamente até se converter en Banda Sinfónica. Para que Ribadeo ofrecese a nenos, xóvenes e adultos a posibilidade de obter unha formación musical prática, mesmo alén da Banda (na Escola impártense todas as especialidades instrumentais, incluídas todas as de corda frotada; á Banda –Sinfónica- teñense incorporado violoncellos e contrabaixos). En 1993 governaba en Ribadeo o BNG.

Un alto custe

Este abrazo de modernidade e da educacion trouxo custes, mesmo persoais. Bater con quen queria que no canto de dúas procesións anuais de ineludíbel compromiso tocásemos sete, con quen leva a conta do número de paso-dobres que tocamos, con quen nos quería ver de cote no estádio...Como Eisler, houbemos combater, e combatemos, o “profesionalismo provinciano”, non só por razóns de gosto, senón porque o optimismo doctrinal imediato non chega ás cuestións básicas e as máis das veces produce só aborrimento” (Betz).

Pouca zarzuela

Convencidos do conceito, insistimos, e ao cabo logramos facer produtivas as contradicións sociais coas que topamos, o que é condición prévia da arte dialéctica. Oitenta músicos como sinal democrático de participación, de concitación social. Moito Shostakovich, que lle vai moito á Banda, e pouca zarzuela española; moita nova música para Banda, e apenas nengún refrito folclorista con só de fliscorno. Obxectar calquer cenário. Esixir siléncio cando tocamos.

Ollámonos con humildade, máis con satisfación, no CD que gravamos hai un ano. Teria sido moito máis fácil seguer o camiño populista, ou mesmo tirar polo camiño do médio, instalados no ensino estéril e no aborrido provincialismo. Pero como Eisler, capaz de descreber musicalmente o xeito de chover até de catorce maneiras distintas, estamos convencidos de que “tratar a un público novo como ao vello significa facelo xordo á arte nova”.

Ningún comentario: