20060105

A estrela de reis en Ribadeo, reportaxe fotográfica






Coido que o importante da cabalgata de reis é a estrela: é ela a que guía, e os reis só fan que seguila. Nembargantes, non penso que os cativos compartan a miña idea: quenes reparten os caramelos son os paxes, e máis importante, son os Reis os que reparten os xoguetes, de xeito invisible, con nouturnidade, controlando o comportamento previo non se sabe ben como, do mesmo xeito que repartindo non se sabe con que criterios. Os reis, no fundamental, son invisibles: por eso non saen nas fotos. A estrela, idealizada, deslumbrante, diante, os paxes en dúas actividades diferentes, reparto de caramelos e pausa (on-off, 1-0, ...) e as carrozas como vehículos que levarán a ilusión, almacenados e dispostos a poñerse en marcha ó momento, pero sen luz, sen vida, no armacén dos trastos, da memoria, pero tamén da ilusión. O discurso tamén pode estar ben. Baseado no feito da guía, da estrela, do aque representa esta noite, así pode servir de conciencia, sen corpo, ...
Como os reis tamén teñen problemas, teño que partir a 'reportaxe fotográfica' en dous... ou nos trozos que sexa, mesmo comezar sen fotos... ou sexa, o resto, mañá ou cando cadre. E así vai: o comezo dunha reportaxe fotográfica, sen fotos.

Ningún comentario: