Esta foi a nova de hoxe en Ribadeo:
MANIFESTO DA CONSTITUCION DA “FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS CONTRA O RUIDO” (FAGACOR).
Un amplo número de entidades e asociacións veciñais de Galicia sensibilizadas dun xeito especial frente ao grave fenómeno de agresións acústicas que veñen padecendo milleiros de ciudadans do noso país, xuntaronse por medio dos seus representantes, no día de hoxe, para crear unha Plataforma que sirva para xuntar esforzos e que de xeito organizado poida presentarse ante a opinión pública e representar con coñecemento de causa ós afectados diante dos organismos con competencias na materia, fomentando a sensibilización solidaria da cidadanía ante este importante problema e encarreirando e sumando neste agudo conflicto as xustas demandas da sociedade ante os poderes públicos.
En efecto, os responsables das Administracións Públicas deben artellaren no mais breve plazo respostas que poñan solución a actual situación de impunidade na que se move un determinado segmento social, insensible á tortura á que someten día tras día e semana tras semana a numerosos cidadans a través das agresions acústicas que teñen a súa orixe en certos establecementos industriais que responden a unha tipoloxía variada, ainda que todos baixo o común denominador que os designa na linguaxe coloquial coma “locais de copas” e que desenvolven a súa actividade en horario nocturno de máxima sensibilidade acústica dotados de potentes sistemas de reproducción electrónica musical.
En efecto, atopámonos aquí cunha particular forma de violencia ou maltrato que atenta directamente contra os seguintes dereitos humanos dos cidadadans e que se protexen nos preceptos da Constitución que deseguido se indican:
1.- Dereito á integridade física e moral (artigo 15) e o dereito á intimidade persoal e familiar e inviolabilidade do domicilio (artigo 18). Son éstes uns dereitos que gozan dunha protección extraordinaria na propia Constitución, o que obriga aos poderes públicos a actuar en orde á súa máis rápida e eficaz defensa.
2.- Dereito á protección da saúde (artigo 43) e o dereito a disfrutar dun medio ambiente adecuado para o desenrolo da persoa e o deber de conservarlo. (artigo 45).
3.- Dereito a unha vivenda digna (artigo 47.1).
4.- Dereito á protección á infancia (artigo 39.4).
5.- Dereito á protección contra a contaminación acústica (Decreto 320/2002 e Lei 7/1997 da Xunta de Galicia e Lei 37/2003 do Estado español).
6.- Dereito á protección polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Artigo 104).
Chamamos aquí a atención sobre as expresións “buscar a compatibilidade de dereitos” ou “trátase dun conflicto ou colisión de dereitos” tan utilizadas polos responsables políticos. NON HAI TAL “COMPATIBILIDADE DE DEREITOS” NIN “CONFLICTO DE DEREITOS”, por non ser equiparables os dereitos cidadans e os intereses dos xeneradores das agresións acústicas, en especial dos titulares de establecementos de ocio nocturno: os dereitos das víctimas nunca poden ser equiparables a os intereses dos agresores. NON PODE HABER COMPATIBILIDADE ONDE HAI PURA E SIMPLEMENTE VIOLACION DE DEREITOS HUMANS RECOÑECIDOS CONSTITUCIONALMENTE: Os veciños teñen todo o dereito a non soportar as inmisións acústicas que se producen nas súas vivendas. E estes veciños víctimas son cidadans de toda condición (vellos, nenos, sans, enfermos, traballadores que necesitan descansar, estudantes que precisan estudar...) que teñen dereito a non ser torturados no seu propio domicilio.
Xa que logo, argumentar (como fan algúns responsables políticos) sobre a necesidade de “compatibilizar” ou “conciliar” os dereitos dos veciños e os intereses dos titulares de establecementos de copas nocturnos -protagonistas dunha das principais fontes de contaminación acústica que se está a padecer na actualidade na nosa sociedade-, é sofistico e demagóxico e pode conducir a situacións propias da prevaricación omisiva.
Compre suliñar que o tan falado “dereito ao ocio” non é distinto ao “dereito ao descanso”: Son a mesma cousa: En efecto, trátase do dereito a dispoñer do tempo libre, do ocio, ben descansando, durmindo, lendo, facendo deporte, saíndo de copas, etc. Pero coa diferencia que o dereito ao descanso é unha necesidade esencial do ser humano merecente dunha privilexiada protección constitucional (artigo 18 da Constitución citado) que prevalece fronte outros posibles intereses (coma “saír de copas” ou o dereito á liberdade de empresa).
Ante esta inxusta situación os constituintes da “FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS CONTRA O RUIDO” (FAGACOR) fan un chamamento aos poderes públicos para que adopten decontado as medidas necesarias conducentes aos obxetivos que deseguido se expoñen sintéticamente:
1.- As normas urbanísticas (Leis do solo, Planos de Ordenación Urbanística, etc.), deben declarar a incompatibilidade de usos dos locais nocturnos de copas cos usos residenciais do solo.
Esta prohibición debe ser absoluta para as discotecas (a considerable dimensión deste tipo de industrias fai cáseque imposible evitar as molestias e danos que produce a súa actividade á vecindade: imposible insonorización; elevado número de clientes que, inevitablemente estarán na rúa de madrugada xerando ruído, tráfico, berros, filtración de cheiros, risco de accidentes de tráfico, vandalismo na rúa, etc.).
Para outro tipo de locais (pubs, bares con música, etc,), debe establecerse unha normativa de distancias entre eles (dependendendo do ancho das rúas, altura de edificios, etc.) que evite os prexudicias efectos aditivos da súa aglomeración: aumento das inmisión acústicas, aglomeracións por milleiros de persoas na rúa en horas de descanso da veciñanaza, etc. En todo caso, ademais, a súa ubicación non poderá ser nunca nos baixos de edificios adicados a vivendas ou en edificios beirantes a outros tamén de vivendas. Estes establecementos “de copas” deben espallarse pola ciudade, co que a súa actividade resultará mais doadamente controlable e non se producirá así a situación discriminatoria entre barrios que se produce na actualidade en relación ao padecimento das agresións acústicas. Os veciños que viven nestas zonas de aglomeración saben ben da picaresca e da dificultade de imputar aos infractores a cota de responsabilidade que lles poda corresponder na comisión de infraccións (distribución do exceso de ruído, elevación do ruído de fondo, etc.). Do contrario, si se admitira a aglomeración destes establecementos, neste caso deberán ubicarse en zonas non residenciais.
2.- En canto ás inmisións de ruídos, os límites máximos que veñen establecendo polo xeral as vixentes normativas (en especial, boa parte das ordenanzas municipais) de 22 horas a 8 horas son de 30 decibelios en dormitorios e de 35 decibelios no resto da vivenda resultan insuficientes para á protección da veciñanza contra as agresións acústicas. Non entendemos como moitas veces se establece que estes límites nocturnos para as zonas docentes deben ser de 25 decibelios (¿por qué? Si a esas horas de noite-mañanciña non hai clase). Recollendo ás conclusións formuladas no “Primer Congreso Nacional Contra el Ruído” (Zaragoza, abril 2004), manifestamos que tales límites nocturnos para a totalidade dunha vivenda deben ser fixados nun nivel máximo de inmisión acústicas permitidas de 24 decibelios -24 B (A)-.
Tanto as normas autonómicas coma municipais deben recoller esta disminución do límite máximo de inmisións acústicas en domicilios.
Entendemos ademais que o control da contaminación acústica (medicións, informes sobre condicións e aillamento acústico de locais e edificios, etc.) debe ser encargado a un corpo técnico de inspectores que se cree a nivel da Comunidade Autónoma, xa que está demostrado que a homologación de empresas privadas é unha das causas dos problemas de ruido pola falta de garantías en canto a súa obxetividade á hora de facelos estudos de impacto ambiental. Ademáis as Policías Locais non gozan de plena independencia, nin contan cos medios materiais e a formación adecuada no desenrolo da súa labor dentro de cada Concello.
3.- Os actuais horarios que rixen a actividade dos locais nocturnos agravan extraordinariamente o problema da contaminación acústica: Si ésta constitúe un gravísimo problema na actualidade, non ten sentido alongalo ata altas horas da madrugada. Mentras dure a situación actual de distribución espacial deste tipo de locais nas zonas residenciais, os seus horarios de actividade deber ser reducidos esencialmente, adiantando a súa hora de peche, pois “la fijación de un horario nocturno de cierre responde a la necesidad de preservar la tranquilidad o el sosiego de la mayor parte de la ciudadanía” (Tribunal Contituciónal).
Por elo esiximos a inmediata derogación da Orde da Consellería de Xustiza e Interior de 16 de xuño de 2005 (D.O.G. de 20 de xuño) que establece uns horarios de apertura de locais notoriamente excesivos e que deroga a anterior de 14 de febreiro de 2005 (D.O.G. de 18 de febreiro). Esta norma de 14 de febreiro tamén establecía uns horarios excesivamente amplos pero que semella que eran insuficientes para certos hosteleiros. O resultado foi que ¡¡¡catro meses¡¡¡ despois é subsituida pola vixente e inadmisible Orden de 16 de xuño e que acrecenta (ainda mais) os tempos de apertura nos devanditos establecementos (ou o que é o mesmo: O tempo de tortura dos afectados).
En calquer caso estimamos imprescindible o adiantamento do peche tanto sobre os horarios vixentes da Orde de 16 de xuño de 2005 como da súa antecedente Orde de 14 de febreiro de 2005, así coma a supresión da media hora de mais que a norma concede para as noites comprendidas de xoves a domingo (unha auténtica lei do funil: son precisamente eses os únicos días que abren boa parte dos establecementos, de xeito que o que sería excepción, resulta a regla)
4.- Temos que chamar tamén a atención sobre a figura das chamadas “Zonas Acústicas Saturadas” “ZAS” (mellor acaeríalles o nome -sen eufemismos- de “Zonas Acústicas Contaminadas” -ZAC-) que se están introducindo na normativa vía Ordenanzas Municipais.
Parece que -quizais con certas excepcións-, paradoxalmente, esta figura da ZAC pode contribuir mais a agravar e consolidar a indesexable situación que están a padecer na actualidade moitos barrios e poboacións que a solucionar os problemas que debera eliminar.
En efecto:
a longa tramitación que a dita declaración de ZAS implica, provoca non impide a instalación de novas industrias de ocio nocturno nas zonas afectadas dende que tal proxecto se fai público; ainda mais: provoca unha certa aceleración na apertura de novos establecimentos;
deste xeito chégase a declaración de ZAS (o que implicará a prohibición de novos negocios de copas) cando xa non queda baixo ningún por ocupar para as ditas actividades, o que provoca, de feito a consolidación da situación de “saturación” (=“contaminación”) acústica existente.
Unha declaración de ZAS deberá implicar sempre medidas correctoras como:
a non concesión de mais licencias de locais con música na zona a declarar, dende que o proxecto se fai público;
a prohibición de subrogación das licenzas existentes;
a determinación dun límite máximo de inmisión acústica nas vivendas da ZAS de 24 decibelios;
o adiantamento dos horarios de peche: si a zona está acústicamente saturada, o lóxico e impedir que esta saturación se alongue ata altas horas da madrugada;
o establecemento de distancias mínimas entre locais con actividade musical.
E en definitiva, calquera outra medida que sexa necesaria para restablecer o nivel de ruido ós seus valores admisibles.
5.- A situación de padecemento que afecta a tantas poboacións galegas na actualidade a causa da masiva ubicación de locais de copas nocturnos con música en certas zonas non é unha catástrofe natural: hai unha causa perfectamente detectable que é a pasividade (incluso fomento nalgúns casos) das Administracións Públicas responsables fronte a unha situación dinámica que tende ao empeoramento -e non falamos de posibles, presuntas complicidades vencelladas a oscuros intereses ou das implicacións directas ou indirectas que poidera ou non haber na explotación deses locais por parte de algún político ou funcionario ou de persoas a aquél ou a éste achegados-.
Se ata aquí chegamos foi porque -por acción ou omisión- así o quixeron algúns. En efecto, o panorama actual ven caracterizado pola insolidariedade social, frívolamente propagada desde as instancias do poder político, fronte a uns padecementos que son danosos para a saúde; e que producen a desfeita da convivencia, do tecido social de barrios e poboacións enteiras e da súa calidade de vida ¿Qué é o que está a pasar con tantas zonas das nosas vilas e cidades sometidas a un trato tan degradante? Á vista está a súa progresiva desertización -ou non recuperación da poboación-, o desartellamentdo social con mudanzas constantes da veciñanza, o proceso de obsolescencia acelerada de moitos edificios por non ser rentable o seu mantemento en tales condicións, a desaparición de edificacións e lugares que conforman os sinais de indentidade dunha colectividade...
En definitiva, chegamos a unha situación que contribúe ao deterioro da democracia e ao desprestixio da “política”. Por eso afirmamos que a nosa loita contra ese novo tipo de incivismo acústico é unha loita polos dereitos fundamentais do ciudadán; é unha loita, en suma, en defensa da democracia e das liberdades a ela vencelladas.
Santiago de Compostela, a 21 de xaneiro de 2006.
ENTIDADES ASINANTES:
ASOCIACION VIGUESA CONTRA O RUIDO.
AA.VV. “O TESON” DE RIBADEO.
AA.VV. SIGÜEIRO “RESIDENCIAL” DE OROSO.
AA.VV. CRUCEIRO DE BANDOURRIO-RIVEIRA DE RIBEIRA.
PLATAFORMA VECINAL CONVIVENCIA DE BOIRO.
ASOCIACION COMPOSTELA SIN RUIDOS.
AA.VV. FONTE DO GALO-ZONA CENTRO DE VIGO.
AA.VV. CASCO VELLO DE VIGO.
FAAVV EDUARDO CHAO DE VIGO.
AA.VV. DE LA MARINA-ZONA CENTRO DE A CORUÑA.
AA.VV. DE LA ZAPATEIRA DE A CORUÑA.
FAAVV SALVADOR DE MADARIAGA DE A CORUÑA.
AA.VV. RAMON FERREIRO Y ZONA CENTRO DE LUGO.
AA.VV. DE PONTEVEDRA. (3)
FAAVV. CASTELAO DE PONTEVEDRA.
FAAVV. BOA VILA DE PONTEVEDRA.
2 comentarios:
¿Onde hai que firmar?
... Hai que ser asociación. Despois, poñéndose en contacto con calquera dos asinantes xa explicamos máis polo miúdo, estatutos e esas cousas, antes de asinar.
Publicar un comentario