20060102

O Marqués deportista, na San Silvestre de Ribadeo


Cunha foto de coña comzo o primeiro laborable dun ano que el tamén comezou de coña: hora de 'apagado' sonoro de La Noche, despois das 9:15; do Pasillo, en 1ª instancia, a mesma, con menor intensidade, despois das 12:00. A esa hora case entroncou o Alén, que se mantivo anta media tarde e voltou logo de noite, tamén con presión sonora máis reducida. Nos tres casos, portas abertas, por exemplo. E así non me estrana que onte todo o día andivera como zombi... ¡MERDA! E así pasa a miña vida...
En fin, os meus problemas. Pasemos a outra cousa.
Para min, o Marqués, máis que saudando, segue a dicir algo así como 'aí vos quedades todos!', e máis aínda coa camiseta da carreira de San Silvestre. O Marqués sufrirá (e sufriu) outros agravios na súas estatua, pero manténse, e cada vez é maís popular no sentido de pasar desapercibido e como da casa. Nese sentido, teño que recoñecer que me equivoquei ó comezar a xulgalo cando o puxeron. Pode que sexa o punto máis retratado do pobo (o que non ten por que significar que guste).
As 11:15 do luns 2... agora comezan os villancicos. Coido que deberan ter unha música con repertorio máis amplio para non cansar, e meter máis clásica para facer as festas máis aposentadas, e ... pagarán canon á $GAE?
Ribadeo recupera o pediatra como estaba cantado por razóns técnicas de personal xa existente en plantilla no centro ribadense de saúde (coido que alguén dirá 'centro de saúde ribadense', pero de xito lamentable non é a saúde de Ribadeo a que debe de resolver o centro)
Hoxe tamén debe de comezar o arranxo (non, mellor variación) das rúas S. Francisco e Pasarón y Lastra. Non vexo nada do tema polo pronto.
en fin, iremos comezando o ano pouco a pouco. aproveito par postear de novo algo de Hernán.
--

Data: 28/11/96

Fonte: La Voz de Galicia

Título: HERNÁN NAVAL MANTIENE SUS CRÍTICAS AL ALCALDE, A QUIEN ACUSA DE AUTORITARIO

Autor: Ribadeo redacción / Reseña prensa

Descrición: Hernán este ano dimitira ante a persecución e desprezo amosados hacia a súa persoa dende o Concello porlo feito de que lles foi contrario políticamente. Contra esta dimisión o alcalde obrigouno a dirixir a escola de música por decreto e él puso unha reclamación que foi desestimada.

Comentarios: pertence a unha serie sobre esta mesma discusión.

HERNÁN NAVAL MANTIENE SUS CRÍTICAS AL ALCALDE, A QUIEN ACUSA DE AUTORITARIO


Hernán Naval, director de la escuela de música de Ribadeo, insiste en sus críticas contra el alcalde y el concejal de cultura. Naval valora la desestimación del recurso presentado contra el decreto de la alcaldía que lo nombraba director e insiste en que el regidor, Rodríguez Andina, ha engañado y mentido a los padres de alumnos, a la opinión pública y a la corporación, en particular cuando manifestó que no tenía tomada ninguna decisión sobre él cuando cuatro días antes había firmado el decreto nombrándolo director.


Añade que demandó al alcalde por un decreto que considera “inxusto, humillante e persecutorio”. Eu non quería dirixir a escola que Andina despreciou durante tanto tempo.


Para Hernán Naval, Andina es un “autoritario”: “O momento actual non me permite actuar en consecuencia coa situación de humillación e indefensión na que fico fronte a alcaldía. Pero é por un compromiso cultural coa xente coa que traballo”


“Pero non existen neste intre ataduras económicas que me fagan soportar indefinidamente a persecución e o desprecio do actual goberno. Saiba entón o alcalde e máis quen tantas veces anunciou o meu destino en Siberia que a sorprendente sentencia que desestima a miña demanda non os exime duna condena moral por despreciar a escola e o meu labor a fronte dela. Tamén Hitler gañou unhas eleccións”.

Ningún comentario: