Nova do día: alcalde e tenente de alcalde presentaron o novo Pxom na Xunta. Cántas variacións propostas polo pobo foron admitidas? Nin idea.
--
Data: 02/12/2000 | Fonte: La Comarca del Eo |
Título: A contrabanda cede un piano | |
Autor: Probablemente, Hernán Naval | |
Descrición: Comentario en La Comarca, seguramente en base a información dada directamente por Hernán, ou aínda artigo escrito por el. | |
Comentarios: |
A CONTRABANDA CEDE UN PIANO Á ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
O grupo de soul, blues, jazz, etc. Que forman diversoso integrantes da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, e do que mesmo forma parte o seu director, a coñecida Contrabanda, adquiriu recentemente un custoso piano dixital, que necesitaba desde hai tempo para as súas actuacións. Coñecedores das necesidades instrumentais da Escola Municipal de Música, os membros da Contrabanda decidiron ceder o seu piano electrónico a este centro municipal, para o seu uso por alunos e profesores; a Contrabanda, que comparte locais de ensaio coa Banda Sinfónica Municipal, usará o tegrado da súa propiedade para ensayos e actuacións, manténdoo na Escola o resto do tempo para o seu uso docente.
A Contrabanda mercou o piano cos cartos obtidos en actuacións súas nos dous últimos anos. Hernán Naval, director da Escola Municipal de Música e da Banda Sinfónica Municipal, e membro da Contrabanda, recibiu o piano dos responsabeis técnicos do grupo, César López Martínez (Chenchu) e Jorge Regodesebes Regodesebes, e esta mesma semana comunicou na recensión á Alcaldía.
Proxecto multi-média
A Contrabanda traballa últimamente nun interesante proxecto fonográfico de carácter multi-media, do que polo de pronto no se poden adiantar contidos. En calquer caso, o produto final non deixará indiferente a ninguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario