20060128

O tempo en Ribadeo. 1ª entrada de hoxe.



Cun día como o de hoxe, o de onte, o desta tempada en Ribadeo, parece mentira que esté recalentándose o planeta.
xa estabamos fríos, non non deixa pois fríos que en Tapia o mesmo concello pretenda recurrir a nova normativa do principado para evitar a concentración de edificacións das costas. Nin que o proxecto de planta de asfaltos en Barres poda perxudicar a ribadeo e apra eso se esté a mover a asociación contraasfaltos, nin tampouco que Fitur pretenda vender unhas excelencias naturais e culturais que se están vendo ameazadas de xeito contínuo. Non, xa estamos fríos. Tan fríos como as árbores do Xardín de Sela tras o corte (que denunciara xa vai anos) e que os deixou secos, fríos. e o pasadizo? Unha vista que non sei canto durará, e se ben se mira, é curiosa. Ou non?
--

Data:20/9/96

Fonte: El Progreso

Título:ACUSAN A ANDINA DE MENTIR AL PLENO EN EL CASO HERNÁN

Autor: Pablo Villapol, a partir de nota de prensa do BNG

Descrición: Non sería a última vez que o fixera

Comentarios:

LA VIDA SIGUE IGUAL”

HERNÁN NAVAL

Tampouco o cartesiano pero apaixoado, o riguroso pero nunca dogmático Nikolaus Harnoncourt ia substraerse ás trangresións que dos severos corsés que tantas veces envolven os concertos clásicos se producen cada primeiro de ano no Musikverein de Viena. Harnoncourt, o pioneiro da interpretación de música barroca con instrumentos orixinais...Harnoncourt, unha referencia cando se menta a Monteverdi ou as cantatas de Bach....Harnoncourt, o Premio Erasmo de Humanidades (ai, as humanidades!) en 1980...Harnoncourt, osóbrio Harnoncourt...Non o dubidou: coa orquestra ás costas, sen batuta, dirixiu as palmas do encopetado público do Musikverein na Marcha Radetzky.

Tampouco enpregou batuta o director que estivo á fronte da Orquestra Sinfónica de Lugansk (Ucrania), orquestra de longo nome, tan longo como o alento do seu trompeta...O mestre ucraniano non utilizou batuta en todo o concerto. Abofé que non lle facía falta. Haberia que se referir a el, tópicamente, como un “ilustre colega” de Harnoncourt, pero o alemán deixou a compañía de teatro de marionetas na que traballaba cando tiña dezaoito anos, para se adicar a música.

Algúns celebramos que o concerto de ano novo da Filarmónica de Viena de 2001 destilase menos almíbar que outras veces, mesmo menos ternura “nestas datas tan sinaladas”. Harnoncourt rescatou os claroscuros, a nudez e os tintes dramáticos que tamén se agachan en moitas páxinas dos Strauss. Porque non todo vai ser banda sonora de Sissi...Escoitando o marcatto soviético infrinxido á Marcha Radetzsky estoutro día no Auditorio Municipal de Ribadeo lembrei que Radetzky foi un mariscal que pretendía bombardear Milán...

Os críticos musicais dos xornais madrileños lembraron istos días como nas axendas de concertos de decembro de case todo o estado engorda cada ano o número de convocatorias ao xeito vienés, en emulación do que fai a Orquestra Filarmónica de Viena cada 1 de xaneiro desde 1939. (O Mesias de Haendel e a Novena de Beethoven tamén se reiteran cada Nadal nos atris de moitos conxuntos europeos ibéricos e europeos). Se cadra o meu estimado concelleiro Manuel Valín sufriu un lapsus memorístico cando subministrou a este semanario a información sobre o concerto a ofrecer pola orquestra ucraniana apontando que “con este concerto, a delegación de Cultura quere achegar ó público ribadense o tradicional programa con valses e polcas”(La Comarca del Eo, 23/XII/00), incidindo na intención ao declarar despois do concerto, que cumprira o seu obxectivo (A Mariña/El Progreso, 27/XII/00). Esqueceu que tal era a pretensión da Banda Municipal até 1995, cando a súa concellalía programou un concerto dunha tal Strauss Festival Orchestra cun programa moi semellante ao que a Banda dera nos nadais de 1993 e 1994. Co cirio que montei, non sei como se esqueceu. Esqueceuse el e, como ninguén di nada, debeuse esquecer tododios. Todos, menos eu.

Cada ano por estas datas –“tan sinaladas”- a Festival Strauss Orchestra visita dúcias de vilas e cidades do estado. Enteira ou a cachos. Faio coma esas bandas de trinta que se dividen en dúas de quince para se repartir os itinerarios dos pasarruas e pasacorredoiras. Istos días mesmo toca en Madrid. Nos últimos anos, a carreira da Orchestra Strauss Festival é seguido por orquestras da antiga URSS. Co Muro de Berlín, no 90 caeu tamén o magnífico mundo musical dalén. Desde entón, as mellores cordas da vella Unión Soviética e dos paises do leste europeo copan boa parte dos atrís das orquestras ocidentais. E nos últimos anos, repetimos, como cachos do muro, orquestras reducidas daló veñen por aquí por relativamente pouco diñeiro. O ano 99, en Ribadeo, antes do Nadal, tocou unha de Kiev. Este que rematou, dúas. Ucranianas. A primeira, en novembro, tocou pezas de Franck Pourcel o dia que finou Franck Pourcel. Eu non aponto para ninguén. E a segunda tocou valses e polcas de Strauss, e até uns pasases de Shostakovich, dous días despois de que a Banda celebrase por oitavo ano consecutivo o seu Aquí como en Viena, cada no con menos Strauss e máis Shostakovich, que remedio.

Tras o último dos concertos dos ucranianos, o meu concellal declarou que a xente “saiu encantada”. Querido amigo: deberas saber que vox populi non quer dicer necesariamente vox Dei. Estou de acordo coa colaboración internacional, pero unha delegación de Cultura non é unha ONG. Acabas antes outorgándolle unha subvención a Médicos sen fronteiras, e coas trescentas mil dos que lle tocaron o réquiem a Frank Pourcel e as trescentas mil dos do director sen batuta pero con moito fervor dramatúrxico amañábamos o que ti sabes. Feliz ano.

Ningún comentario: