1.Dado o carácter público da Oficina de Turismo e o funcionamento no seu interior dunha oficina privada, solicitamos coñecer o convenio asinado entre ambas entidades, coas contraprestacións acordadas.
2.Dada a presentación do PXOM na Xunta e a supresión de datos na páxina web correspondente, e polo tanto, ignorancia das modificacións realizadas en temas diversos, como a ampliación na parte sur de Mirasol do peirao comercial ou a supresión da escolleira dos Bloques, por poñer dous exemplos na mesma zona, o mantemento do parque sen cambios ou o recollimento só parcial do recheo na parte norte de Mirasol, solicitamos coñecer as modificacións respecto ó xa presentado no seu día ós veciños.
Hai que ver tamén outras respostas e o tono empregado nelas. É unha mágoa que o pleno estivera case vacío de público (5 persoas, sen ningún periodista entre elas) estoume aficionando a ir, e realmente 'apréndese' moito. --
De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:
BREVE GUIA DE REFERENCIA CRONOLÓXICA NOS ANOS RIBADENSES
1988 Iniciativa civil privada particular e vecinal para recuperar a Banda de Ribadeo.
1989 Constitución dunha comisión xestora para criar unha Academia de Música. Iniciase a captación do socios cunha gran e masiva resposta social.
Comezan os contactos para conquerir director – profesor (La Comarca del Eo 28/5/89) Nota informativa sobre os contactos profisionais e acordo co mestre Hernán Naval para encargarse de dirección e docencia dunha academia privada para a formación musical dos asociados até acadar o nivel necesario para a posterior criación dunha banda de música. Pártese de 0 é dicir a formación inicial dos futuros músicos e nula na mayoría dos casos. Para iso criarase unha academia de música.
Formación da sociedade Amadores da Música (la comarca; 10/9/89) entidade civil, privada e sin ánimo de lucro cuxos obxectivos son a creación e mantenimiento dunha academia privada de música e a criación e mantenimento dunha Banda de música, así como o cultivo da música entre os seus asociados.
Criación da academia de música ”Carlos Alvarez Fdez. – Cid” e posta en marcha da mesma (17/9/89; la comarca) que depende estatutariamente da asociación Amadores da Música que se manten con as cuotas dos seus asociados. O único requisito para receber clase nesta academia dalgún instrumento de banda era pagar unha cuota anual á asociación.
Primer curso académico 89/90 na Academia Carlos Cid (la comarca; 25/8/90). Educandos examinados no conservatorio de Viveiro. O ser o centro oficial de ensino máis proximo e para ir conquerindo as papeletas que acrediten a superación dos cursos oficiais e o nivel esixido.
Presentase o proxecto de futura banda de música e segundo curso na academia Carlos Cid 90/91
1992 Presentación banda de ribadeo 25/1/92 director Hernán Naval.
Banda de Música e Concello de Ribadeo asignan un convenio de colaboración e a banda pasa a chamarse municipal. A academia Carlos Cid continua a funcionar e segue dependendo de Amadores...
1993 Criación dun centro oficial de ensinanza musical de titularidade municipal. Escola Municipal de Música. DOGA do 5 de novembro
1994 Congreso de bandas, espectáculo nocturno d e imaxe e son, clausura do primerio curso na escola municipal de música,
1995 madrid, barcelona,... I festival d ebandas; como aquí nen en viena; cambio de governo Lisboa
1996 dimisión e outros, páxina en internet, timbres no concerto de fin de ano guitarras electricas o 17 de maio
1997 V aniversario da banda, presentación da Contrabanda, gravación e edición e n solitario do primeiro Cd da banda. Proxecto de banda infantil e orquesta de corda da escola municipal de música. Oviedo
1998 compatibilidade laboral
1999 Aranjuez comezo de ensayos para expedición noruega big band
2000 AGEMM vicepresidente, encontro de músicos europeos en noruega a escola perde unha subvención hernán naval senador banda da federación galega músicos da BSMR seleccionados hernan subdirector a contrabanda cede un piano dixital a escola de música e comeza o proceso de elaboración de seu traballo multimedia.
2001 gravación de dous discos compactos pro parte da banda..... pasamento
Ligazóns ó listado de entradas sobre Hernán (ata o momento):
Hernán Naval, escritos e prensa VII
Hernán Naval, escritos e prensa VI
Hernán Naval, escritos e prensa V
Hernán Naval, escritos e prensa IV
Hernán Naval, escritos e prensa III
Hernán Naval, escritos e prensa II
Hernán Naval, escritos e prensa I
Breve guía de referencia cronolóxica nos anos ribadenses
Ningún comentario:
Publicar un comentario