20060123

Rebelde en Ribadeo

Vin vai pouco un párrafo escrito do que me quedei coa miña versión particular: rebelde, non protestón. Coido que aprender ben a diferencia entre ambos termos é cousa importante para poboación de Ribadeo, que parece que na súa grande maioría non a advirte.
O protestón farfulla, pero non traballa en positivo. O rebelde fai que o desacato se convirta en algo positivo buscando outra vía. Os comentarios dos bares, en xeral, son en plan protestón, e pouco se pode aproveitar deles para mellorar. A rebeldía pode implicar protesta, pero vai máis aló. Quedaría outro terceiro termo, pasota, máis alonxado aínda do 'ideal'.
E ti, que és, pasota, protestón ou rebelde?
--
Coido que, co anterior, paga a pena poñer algo dun rebelde:

Data: 1999

Fonte: El Progreso

Título: O enfoque que temos é formar músicos amateur.

Autor: Pablo Villapol

Descrición: Entrevista previa á actuación en Noruega.

Comentarios:

Hernán Naval subdirector da asociación de escolas de música


O enfoque que temos é

formar músicos amateur”


RIBADEO PABLO VILLAPOL


Hernán Naval, ademais de moitas outras cousas musicalmente falando, é o subdirector da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música, coñecida polas súas siglas, Agemm. Agora, están preparando a súa actuación nun encontro europeo que se fará entre maio e xuño en Noruega.


  • ¿Dálle moito traballo o seu cargo na Agemm?

  • O peso organizativo cae na presidenta, Rosina Sobrido, e sen embargo neste momento estou eu en funcións de presidencia pola súa baixa maternal. Nós pretendemos aglutinar á mayoría das escolas de música públicas que hai en Galicia e unificar o concepto que se ten das escolas de música con respecto a unha actuación coordinada en plans de estudo, nova concepción pedagóxica musical, que se diferencie dos conservatorios, que entendemos como centros profisionais.

  • ¿Desmárcanse deles?

  • Fronte ós conservatorios as escolas teñen unha formación amateur cunha componente de centros culturais con dimensión vecinal, máis alá da labor docente. Tratamos de persuadir á administración autonómica de que cambie a súa política de axudas e estimación do labor que fan as escolas. Neste momento, as escolas son algo secundario para a administración e fai con elas unha política de subvencións de café para todos, sen mirar o traballo que fan. Non se pide unha política discriminatoria, pero é evidente que hai moitos centros que se fan chamar escolas de música e son simples coberturas de clases particulares de música ou de canteiras de bandas tradicionais que limitan a eso o seu traballo docente, cando unha escola ten que ter moitas outras dimensións abertas a todos tipos de música , de formación e con variedade de especialidades instrumentais.

  • ¿Cómo xurdiu a Big-Band?

  • Estamos integrados nunha entidade superior de carácter europeo que cada tres anos fai un festival internacional de xóvenes músicos amateurs. Para participar, a Agemm, decidiu nun primeiro momento que cada escola mandase unha agrupación, pero ó final optamos polo proxecto colectivo de creación duna Big-Band ó haber disponibles moitos instrumentistas de vento. Cando se nos confirmou un número de prazas moi superior ó previsto, decidiuse facer o coro, que pola disposición dos cantores preparados de cada escola, acabou sendo feminino.

  • ¿Qué tal se lle da a dirección desa formación?

  • Sempre fun un apaixoado desa música e dentro da propia banda de Ribadeo temos tocado algún tema. Para min o resultado é moi positivo e moi divertido.

Ningún comentario: