... resulta que agora o pierao é escaso: a foto claramente amosa dúas cousas, un barco que sobresae do peirao e un cacho de peirao cun recheo que o deixa prácticamente inservible, a excepción de barquiños pequenos.
En Ribadeo é noticia unha nova volta de tuerca xudicial coa petición de Balbino dunha multa contra o home dunha empregada do concello que, ó parecer, tentou defendela despois dun ataque de histeria ou semellante que sufriu no seu traballo no concello. Co caso no xulgado non hai moito que dicir, pero chama a atención a crecente vida xudicial do concello dende que o alcalde actual está no seu posto.
Segue a ser nova o parque dos indianos, outra vez en pouco tempo. Xa veremos que se fai; no seu momento dixen que non tiña por que ser mala cousa, e espero que non o sexa (cruzo os dedos)
En onda cero hoxe falouse da polémica pola reparación da carretera do faro, o parque... parece que non só eu teño problemas apra ter algo de idea do que pasa no día a día do concello, alomenos nalgunhas cousas, pois son consciente que se un está fora non pode (aínda que quixera) saber moito do que se coce alí; só intentalo de algunhas cousas que lle chaman máis a atención. E o da carretera, non saber a estas alturas de quen é competencia, paréceme unha incompetencia. do parque, díxeno na radio: o sexo dos anxos, pois é falar por falar cando non se sabe nada a pesar de dversas declaracións totalmente opacas na prensa feitas por parte de xente do goberno municipal. Tamén se falou alí da convocatoria para facer unha comisión de festas do antroido e a acusación do alcalde a ACISA de non querer implicarse. A min paréceme que o pobo non é só dos comerciantes, senón tamén da xente, pero parece que o goberno municipal non pensa así. De calquera xeito, convocar unha xuntanza sobre o tema a mes e medio do evento non ten moita pinta, ogallá me equivoque.
--
De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:
Data: 1999 | Fonte: El Progreso |
Título: O enfoque que temos é formar músicos amateur. | |
Autor: Pablo Villapol | |
Descrición: Entrevista previa á actuación en Noruega. | |
Comentarios: sen ficheiro de comentario. |
Hernán Naval subdirector da asociación de escolas de música
“O enfoque que temos é
formar músicos amateur”
RIBADEO PABLO VILLAPOL
Hernán Naval, ademais de moitas outras cousas musicalmente falando, é o subdirector da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música, coñecida polas súas siglas, Agemm. Agora, están preparando a súa actuación nun encontro europeo que se fará entre maio e xuño en Noruega.
¿Dálle moito traballo o seu cargo na Agemm?
O peso organizativo cae na presidenta, Rosina Sobrido, e sen embargo neste momento estou eu en funcións de presidencia pola súa baixa maternal. Nós pretendemos aglutinar á mayoría das escolas de música públicas que hai en Galicia e unificar o concepto que se ten das escolas de música con respecto a unha actuación coordinada en plans de estudo, nova concepción pedagóxica musical, que se diferencie dos conservatorios, que entendemos como centros profisionais.
¿Desmárcanse deles?
Fronte ós conservatorios as escolas teñen unha formación amateur cunha componente de centros culturais con dimensión vecinal, máis alá da labor docente. Tratamos de persuadir á administración autonómica de que cambie a súa política de axudas e estimación do labor que fan as escolas. Neste momento, as escolas son algo secundario para a administración e fai con elas unha política de subvencións de café para todos, sen mirar o traballo que fan. Non se pide unha política discriminatoria, pero é evidente que hai moitos centros que se fan chamar escolas de música e son simples coberturas de clases particulares de música ou de canteiras de bandas tradicionais que limitan a eso o seu traballo docente, cando unha escola ten que ter moitas outras dimensións abertas a todos tipos de música , de formación e con variedade de especialidades instrumentais.
¿Cómo xurdiu a Big-Band?
Estamos integrados nunha entidade superior de carácter europeo que cada tres anos fai un festival internacional de xóvenes músicos amateurs. Para participar, a Agemm, decidiu nun primeiro momento que cada escola mandase unha agrupación, pero ó final optamos polo proxecto colectivo de creación duna Big-Band ó haber disponibles moitos instrumentistas de vento. Cando se nos confirmou un número de prazas moi superior ó previsto, decidiuse facer o coro, que pola disposición dos cantores preparados de cada escola, acabou sendo feminino.
¿Qué tal se lle da a dirección desa formación?
Sempre fun un apaixoado desa música e dentro da propia banda de Ribadeo temos tocado algún tema. Para min o resultado é moi positivo e moi divertido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario