- o escudo da enciclopedia era o escudo de armas da familia dona de Ribadeo,
- a orixe do escudo de Ribadeo está no selo do concello, indicando o norte de Galiza, o ser unha das tres vilas fortificadas de Galiza naquel entón e o mar, indicando o comercio exercido por Ribadeo.
Podo dicir máis, pero calquera pode leelo e deducir algunha cousa máis da lectura do que pon as fotos.
A actualidade en Ribadeo é máis prosaica que a discusión por escudos: imos a Fitur? imos sós? impórtanos un bledo, pero un bledo é algo (que é un bledo?)...
E en España? o aviso de asonada claqueteado por algún partido pode poñer os pelos de punta. Vai unhas poucas horas que recibín un correo non pedido, non querido, apoiando ó militar e contra tódolos partidos, incluíndo o PP...
E no mundo? a guerra de Iraq, outra vez, a gripe aviar que se achega, ...
Chove en Ribadeo, pero non moito, vai frío nun inverno frío despois do ano máis seco da historia segundo dín as crónicas, e no que novamente avanzou a media de calor que ameaza con cambiar o clima da Terra.


Ningún comentario:
Publicar un comentario