20060104

Veño do concerto

1ª parte, grupo de metais, con 3 marchas. 2ª parte, banda, e despois de 'Redondela' de Soutullo, banda&coral con panxoliñas e final co segundo vals de Shostakovich. Bo, o final, coma sampre, a Marcha Radetzki. E a sorpresa, felicitación dos músicos e 'A viuda alegre' á que foron invitados a bailar os cativos e non cativos e non foi correspondida a invitación. Outra vez será. Curiosidades, o díptico, con un patrocinador diferente do Concello (que non pareceu nel) e no mesmo díptico, Suso de novo coas súas poñendo o texto de xeito festivo. -- Sobre Hernán Naval:

Data: 08/2000

Fonte: octavilla

Título: Contrabanda

Autor: Antonio Gregorio Montes

Descrición: primeiro foi unha octavilla escrita por Hernán Naval que se repartiu nun dos concertos da contrabanda ese vrao. Logo aproveitouse este texto para o Cd-Ron que editou a Contrabanda tras a morte de Hernán co cal estaba colaborando e a punto de sair no momento da súa morte....

Comentarios: adxunto

CONTRABANDA

Contrabanda, o grupo independente dependente da banda, apareceu de xeito formal (é un dicer) no verán de 1997, logo de que desde un ano antes algúns dos seus membros (¡) andivesen a tocar (¡) de cando en vez e de xeito informal (non é un dicer, é unha descrición) algunha peza dos Blues Brothers. Por territorios cercanos ao soul comezou o asunto, mais cando se decataron, nos atris (estes tocan con partitura e atril...) xa había unha de Miles Davis e outra de Steve Vai. Onde iremos a parar? A Contrabanda toca bandas sonoras, pero non de películas de Joselito precisamente; Pulp Fiction, Nove semanas e pico... e quen nos dera vernos no pico de Micky Rourke. Antes de que a Carlos Santana se lle espinase o corazón a Contrabanda tocaba unha versión de Oye como va que non sabemos se é salsa-rock ou salsa de churrasco que estes músicos de atril cean cada venres santo, amén. Amén disto, procuramos pasalo ben e non meternos con ninguén e iso que o PP nunca nos convida... Cab Calloway, Elmer Bernstein, Manzini, Ottis Reading.... moito xudeo-masón solto!.

Contrabanda son, por orde de tesitura: Pene-lo e Belinda (co nome está dito todo) nos saxos (con a) altos; Dompi e Tío Menel (esta feito un chaval) son os dous tenores (o terceiro caeu ao mar); Solloso, Pableras (Capitán Resacas) e máis o Myster ás Trompetas; aparte de perpetrar pucheirazos conseguindo máis votos que eleitores hai, Fujimori (Fuji para os occidentais) toca o trombón e o que lle deixen; Rego fai a mayoría dos arranxos pero ás veces limpa a casa cos papeis; con el toca a guitarra Marito, ainda que ás veces “se le va la peonza”; o Portu (diminutivo de Portugués) toca o piano “con la mano” e o ano pasado esqueceuse de que tiñamos un concerto en San Tirso de Abres; Miguelín, Cherry toca o baixo na Contrabanda porque o botaron dos Chungitos; a Chenchu préstalle a bateria o irmán do Portu...Queríamos que o concellal de cultura cantase un salmo con nós, pero non hai maneira.

Grupo indepente dependente da banda. De que banda? Da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, á que pertencen todos os contrabandistas, pertencia que é conditio sine qua non (non hai nada coma saber idiomas) para tocar na Contrabanda. Os membros da xunta directiva de Amadores da Música, a entidade civil que promove a BSMR, fan que non ven cando os da Contrabanda tocan a tres mans: dúas no instrumento e a outra na birra. Polo demáis, a filantropía destes contrabandistas do XXI vai facer que o piano electrónico que van mercar con parte dos emolumentos polos seus concertos deste agosto (con parte deles, as birras xa saben) sexa cedido á Escola Municipal de Música de Ribadeo a cambio de que aí se siga a ensinar soul, blues, jazz, etc. Ademáis de Mozart e o xeito mais limpo de comer churrasco: na Escola Municipal de Música de Ribadeo nasceu hai un ano a Contrabandiña; os da Contrabanda non lles deixan fumar. Elena, a xefa da limpeza, ten xa preparado un spray co que lle quitar ao piano os aros que deixan os cus das botellas. Que ninguén o saiba no Concello.

Contrabanda Agosto 2000 Ribadeo GZ

// Comentario:

Que a Contrabanda comprou un piano cos seus cartos é un feito rigurosamente certo é que induce a reflexión sobre o apoio que recibía Hernán Naval para as súas actividades docentes a verdade é que non hai constancia oficial, nen factura que o demostre salvo este texto (do puño e letra do director da escola) e máis os recortes de prensa pero un dos pianos da escola de música pertence á Contrabanda que o comprou con os cartos procedentes das súas actuacións. Ten un mérito engadido tendo en conta que a Contrabanda e un grupo independente e privado...e a escola municipal de música resulta ser de titularidade municipal. Así que imaxinen cal será a situación deste centro de ensino para que unha entidade deixe de ingresar cartos e ceda un instrumento tan valioso. E dicir cando deberían apoiar as institucións das que depende a escola de música vese apoiada por entidades independentes o cal acredita unha vez máis as dificlutades económicas coas que se atopou Hernán Naval para realizar os seus proxectos.

 

Ligazóns ó listado de entradas sobre Hernán (ata o momento):  

Hernán Naval, escritos e prensa VII

Hernán Naval, escritos e prensa VI  

Hernán Naval, escritos e prensa V  

Hernán Naval, escritos e prensa IV  

Hernán Naval, escritos e prensa III  

Hernán Naval, escritos e prensa II  

Hernán Naval, escritos e prensa I

Breve guía de referencia cronolóxica nos anos ribadenses

 

1 comentario:

Anónimo dixo...

Antonio!!!!!!!!!!!!! que viúda alegre nin que carallo!! foiseche a cabeza pra cuenca!! A última peza do concerto foi o Segundo Vals de Shostakovitch que tamén foi banda sonora de Eyes wide shut!!
ves cómo de vez en cando me dou un paseo aquí polo teu blog!!!
unha pregunta: hai algún motivo especial en qué en cada data saía un dos textos que aparecen na parte de abaixo, ten algunha lóxica temporal ou temática??
eña contesta no meu mail xfavor!!
un saúdo

Susín