
Troquei a foto por un debuxo 'a rato alzado'. E fun ben consciente do que facía e da dificultade de trazar un corazón máis ou menos ben feito, aínda co estilismo simbólico que se aparta abondo da imaxe verdadeira do que é un corazón. Ben, aínda así experimentei unha dificultade en facer a representación. É é que o amor, a representación diaria do amor, é algo parello: pode quedar máis o menos ben, pero a perfección... e máis cando todos somos afeizoados e ninguén porfesional . Ou equivócome? O mesmo podo dicir do difuminado: foi feito a posta así porque o concepto de amor antóxaseme algo difícil, de tal xeito que aínda que a idea que se ten del se aproxime abondo, en cada persoa ten as súas particularidades, asociadas ás súas vivencias.
Alguén sabe o que é o 'amor puro'? Eu diría: o meu. Pero sei que será así para min. Para os demáis... Se o ten alguén xa non é 'puro', ideal, senón real.
Despois de comezar dese xeito, relatar novas en Ribadeo e comentalas non me parece tan boa idea, polo que voume disculpar a min mesmo e quedar nesta nube de pensamentos, achegándome a eso de 'díllo con flores' tan propio do día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario