20060210

Cousas de Ribadeo

Despértome case coa nova de que o alcalde quere da xutna 60000€ para adecuar a Policía Local. Ben, pode ser que eso mellore algo a cousa, pero polo trato que teño cos axentes, coido que o que falla non é a propia policía, senón o que se fai co seu traballo, a consideración que se lle ten no mesmo Concello ou unnúmero de axentes que non pode cubrir as horas que se lle deben asignar (e que por certo o alcalde dixo que ía aumentar ó comezo do seu mandato ata cubrir tódalas noites, e así estamos aínda). Queda dito.


Pero non é a única. Tamén pide un novo partido xudicial. Parece como se todo se fora amañar con que na xunta esté os da mesma 'corda' que no Concello, e se queiran facer as cousas como os novos ricos, sen moito esforzo e a base de amizades e cartos (a cánto ascende a débeda do Concello? Coido que non é a primeira vez que o pregunto) Parece que presentou un dossier. Pero falta a loita continuada de anos detrás. De calquera xeito, se o consigue, mellor :-)
E mentras comeza de novo a proxección das curtametraxes, Reinante (Concellal) e Azucena (ex, Xerente da mariña Oriental) enzárzanse or cuestión de cartos. Uns cartos de todos, do Leader. A ver se esto nos trae máis clarificación sobre os cartos do concello pouco a pouco...
Deixo para outro día as respostas dos alcaldes a unhas preguntas do periódico sobre a sentencia contra o concello polo tema do ruído. Un respiro, que non dou feito: resulta que din que non teñen medios... nin cara moi branda.

Que sirvan as dúas fotos de contraste e reflexión: O que enche o local da casa do mar, aínda que non é nada feo, é á xente esforzándose por facelo ben e lograr ir un pouco máis aló, con esforzo, como persoas. Á dirección, Hugo. En fronte, a banda infantil. É dicir, o futuro.

Ningún comentario: