20060207

Hoxe, en Ribadeo, a nova son eu

Pois eso. Resulta que saíu a sentencia do xuízo contra o Concello. Non é que me satisfaga moito o resultado, pero o Concello é culpable e xa elva acumulado conmigo unha débeda de 4500€ que segue a aumentar a razón de 60€ cada mes. E, depende da interpretación (está pedida unha aclaración) pode que para o conxunto familiar as cifras se multipliquen por catro. A sentencia valora só a depreciación da vivenda a precios do 2000, e non considera os danos ás persoas. Eso significa que a cousa continúa. Non só o pago mensual que dicta a sentencia ata que se acaben os ruídos, senón tamén que falta outra parte, para min máis importante, de considerar e haberá que pensar en outro contencioso co concello se non se ve variación de actitude por aprte dos mandamases municipais. Cousa que, polo momento, non se estima: este mesma fin de semana volveron a medir na casa perto de 60dB, é dicir, unha intensidade sonora case 1000 veces a permitida. Sen máis comentarios.

--
Un artigo vello...
Que dez anos non son nada (Publicado en El Progreso 'A Mariña', o 26/08/03)

Se o bolero pregoaba “que veinte años no son nada“, dez anos serán a metade de nada, logo “nadísima“. É moi pouco, certamente, en comparación a fenómenos xeolóxicos, que se moven en escalas moito maiores que os anos. Nembargantes, en relación coa vida dunha persoa, son abondo, como se pode observar en diversas situacións, sen esquecer as caras coas que miran os cativiños de oito ou nove anos a outros de dous ou tres, sentíndose xa maiores.
Comparemos dez anos de loita con dez anos de festa. Dez anos de festa parécenos algo irreal, como insoportable de tanta cantidade de festexo. Dez anos de loita, demasía tamén, aínda que esteñamos axeitados a estudiar na historia loitas dunha duración maior: no imperio romano xa existiron escravos que se rebelaron, e aínda seguen a existir escravos nalgunhas partes a pesares de milenios de loita.
Pois unha situación con “dez anos/dez anos“, pero en perspectivas opostas no xeito do párrafo anterior remata de darse en Ribadeo, constituíndo xa un pilar máis do derradeiro decenio de historia ribadense. O pasado 17 de xullo fixo dez anos que comecei a protestar polo ruído dun local. Os mesmos que cumpríu dito local, que anunciou a celebración da festa aniversario para días despois. No medio, por unha beira, dez anos de noites producindo ruído, primeiro en solitario e un día á semana e logo cunha recua de locais-compañeiros e máis extensión tamén no tempo. E, chegada unha masa crítica, tamén cunha compañeira: a mesma rúa ateigada de xente a consecuencia da aglomeración de locais e o pouso da costume de frecuentala ano tras ano. Da outra beira, protestas sucesivas, recurrentes e en aumento tamén, tanto pola queixa presentada como pola cantidade de xente implicada, a intervención de corpos policiais ou o número de institucións afectadas, incluíndo o Defensor do Pobo, que xa tirou a toalla ó sentirese impotente, non sen antes meter ó Concello na súa particular lista negra.
E a historia segue. Despois deses dez anos, segue a festa e segue a loita. Seguen a darse situacións con vinte decibelos máis dos permitidos para durmir (*) ou a porta do edificio insalubre por devoltos que cheiran a alcool. Seguen a darse casos como o da primeira quincena de agosto, con vulneración tódalas noites do horario de peche (con música, claro...) e cantinela despois, non cesando nunca antes das seis e empalmando algúns días coa limpeza da rúa. Tamén segue a protesta: estas verbas son un acto máis nun estado que de por si emprega as estatísticas para amosar que é o máis ruidoso do mundo.
... a historia segue. ¿Completaremos os vinte anos?
Antonio Gregorio Montes

(*) relación entre 30 decibelios (o permitido legalmente) e 50 decibelios (o sufrido). Para facerse unha idea, a relación que pode haber entre escoitar algún televisor co mando de volume en 9 ou o facelo co mesmo mando en 15.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

deja en paz la marcha nocturna de una vez. Soy un vecino de ribadeo y tengo que "sufrir" los ruidos de los fines de semana, pero hay que darse cuenta que uno de las principales fuentes de ingreso y de la que viven mucha gente son los bares, pubs y discotecas, que atraen a un monton de gente cada fin de semana, por que por el bien de nuestro pueblo y de muchos de nuestros vecinos deja en paz la marcha nocturna de una vez

Agremon dixo...

... publico o comentario anterior, recibido con máis dun ano de retraso respecto á publicación do artigo...