A polémica sirveuse na cumpre interautonómica: ría de Ribadeo? non, ría do Eo, Touriño dixit. E en Ribadeo xa están co tema de en troques de traballar pola ría, traballar polo nome. Na sociedade actual, o que se representa ten unha importancia maior do que se fai. Pero é triste comprobalo unha e outra vez.
Eu defendo o nome de Ribadeo para a ría, por moitas razóns, pero coido que o mellor que podo facer por ela non é chamala, senón facer cousas por ela e repetir o nmoe que eu coido que debe ter en cada unha delas. Paréceme o xeito de progresar e ademáis, de que o que un pensa vaia adiante.
estes días ademáis estou sensibilizado polo tema dos nomes: nunha lista sobre aprendizaxe-e defendín precisamente ese nome (o correspondente castelán) para referírmonos ó que en inglés se chama e-learning, e vaia a que se armou. Tanto que cunha especie de nota de despedida deixei a discusión, pero usando, eso si, 'aprendizaxe-e' no título da mensaxe...
Así que, voltando co tema da ría de Ribadeo, non se chegou a moito, se deixamos a unha beira o emprego dun nome que non lle corresponde e a futura creación dunha comisión (... xa dixen outro día o que pensaba das comisións 'con mandato xeral'). Non se dixo nada de limpala, de non facer recheos, de protexer os tesóns, ...
--
* Un artigo escrito por min en xaneiro do 2005 a conta das I xornadas sobre a ría celebradas na Veiga (si, en A Veiga de Ribadeo, que de aí lle ven o nome ó actual Vegadeo como se pode comprobar aínda no su templete da música no parque) e que nestes momentos non sei se foi publicado ou non.
Sábado 22 de xaneiro. Camiño á Veiga, vexo a ría a medio encher con patos agrupados aló, no extremo da marisma descuberta. Nun día despexado, unha paisaxe idílica viaxando para unha das charlas das xornadas sobre a ría (Jornadas sobre la Ría del Eo, Vegadeo) despois de pasar preto da praia que forma o novo recheo no peirao ribadense.
Ó entrar no local, foi unha sorpresa a ausencia de xente de Ribadeo. A causa non a sei, pero non deixa de ser chamativo que a principal localidade da ría esté prácticamente ausente do patio de butacas (polo demáis cunhas corenta ou cincoenta persoas).
Antes de comezar a charla, dame tempo de recoller o material, vexo o patrocinio do 'Oscos-Eo' e algúns folletos, entre os que están un adicado ó Convenio Ramsar e outro titulado 'observando aves en la ría del Eo' a máis do díptico das xornadas e outras informacións. Dende que no IES Porta da Auga, hai xa dez anos, se fixera un vídeo sobre a ría, atopo nesas oito páxinas sinxelas en tamaño A5 do 'observando' a información de máis entidade sobre o tema á que tiven acceso. Na portada, un esbozo pictórico da ría na que se notan as instalacións portuarias de Ribadeo, aparecendo aínda a dársena norte de Mirasol. Penso: é posible que sexa a última publicación na que vexo ese detalle.
Nos papeis aparece a visita en barca á ría, indo ata Castropol en autobús, o que me lembra as fotos de barcos atracados ó peirao veigueño. Indago e atopo o dato: a visita non se asomou á darsena que se está a rechear.
Deixando polo momento o Convenio Ramsar, comeza a charla 'Los espacios protegidos. La Ría del Eo'. O conferenciante, da Consellería de Medioambiente asturiana, comeza aclarando que fará unha revisión histórica dos espacios naturais a nivel nacional e asturiano para centrar o tema da ría. Polo medio, sae que non se creou unha figura de protección para a ría por desacordo entre os gobernos galego e asturiano; en consecuencia, o fín tampouco se fala sobre a ría. Preguntado ó final polo 'desacordo', hai unha resposta entre acusadora e evasiva: é absurdo crear unha figura para a parte asturiana e non para a parte galega. Parece que a perspectiva política ou económica das institucións das dúas beiras non coincide. Tema pechado. Outras preguntas que inciden de xeito máis lateral sobre o tema non aportan máis datos.
Volto coa sensación de que a nivel político nos organismos autonómicos non se teñen as ideas moi craras (é dicir, nas que se crea e defendibles por eso mesmo), nin aquí nin aló, sobre a ría. E que non coinciden as perspectivas nos diversos estratos, institucións e empresas por unha beira e pobo pola outra.
Mentras, veremos nuns meses como ata uns 70.000 m3 de area do tesón son pasados a solo para camións mentras a lonxitude de peirao se reduce en 100 m. Animo a ver o progreso das obras (non de Ribadeo) ... para poder lembrar e tentar de non repetir o mesmo erro outra vez máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario