20060302

Antroido no concello


Coñecedes o do 'tomar a un polo pito do sereno'? A nova que apareceu onte e que volve a aparecer hoxe sobre o disfraz de alcalde e máis no concello parece algo deso. Tomarse a vida a coña paréceme moi ben, pero a de un, non a dos demais. E ir ó concello disfrazado paréceme máis ben o segundo que o primeiro. Ó mellor é que non teño gracia, ou que non comprendo o antroido, que son demasiado serio, pero...
Claro que se en Ribadeo parece que non hai novas dende a semana pasada, debe ter algo que ver o antroido. E se seguen cousas sen atender, pois ó mellor é o antroido e non o concello a quen hai que pedirlle contas: o derrubio viciño á Ponte dos Santos segue sen amañar, pero xa vin un pequeno, nada inquietante nin parece que moi perigoso, na baixada ós bloques, o que aparece na foto. O que teño claro é que se non se pon remedio, a parede no que está vai a sufrir máis nun 'próximo futuro', nunha zona de paso de camións e demáis.
Tamén pode ter que ver co antroido (por certo, o pregón, ,por xentileza de Rodil xa o puxen no blog vai días, o mesmo que na wiki) que os tesóns sigan uníndose, como amosa a foto da unión entre o da Vila vella e o de Mirasol, esta mesma semana. Claro que fixo falta que unha investigadora da universidade viñera facer estudos para que saíra na prensa, porque parece que hai xente que non se entera de que os tesóns crecen. En base ás fotos dos tesóns espero facer pronto un plano actualizado da ría, porque os tesóns non só crecen, senón que están a cambiar de forma nalgúns lados, e só a draga impide que vexamos outra ría moi diferente.

Cada comezo de mes, a ver se publico as estatísticas medias do blog (tendo en conta que o último día nunca é completo, e neste caso, trátase só das primeiras horas, o que baixa a media :-) ). Ben, por esta vez, sobre o total dende o 11/8/05 levo de media 21,99 visitas / día. Nas catro últimas semanas, 31,3. É dicir, continua subindo, gracias todos os que visitades esto.
--
Un vello artigo meu de agasallo ... (publicado o 30/06/96) en A Mariña de El Progreso:

Achégase o Fin de Curso
Na nosa tradición occidental parece que tomamos a vida e os sucesos como algo lineal; eso din os estudiosos da mentalidade social. Nembargantes, celebramos os ciclos. Este tipo de festexos nunca o entendín mui ben.
Celebramos os finais de ano como algo especial, cando o seu significado é o de que a terra deu unha volta máis a unha estrela que distinguimos porque está moito máis perto que as outras. Conmemorámolo ademais nunha data que non ten nada especial astronómicamente e, para máis inri, dun xeito inexacto porque esas voltas da terra non coinciden cun número enteiro de días.
A partir de ahí, celébranse outras moitas festas, con máis ou menos sentido. Así, non creo que moita xente se pregunte porque se celebra o cumpleanos do nacemento/parto e non da concepción (o motivo non oficial pode estar en que se coñece con máis precisión e e caso contrario daría lugar a descubrir máis dun segredo ben gardado). Nembargantes, outras festas, a pesar de seguir o mesmo ritmo, teñen un sentido diferente, como as derivadas da recolección, onde realmente hai algo importante que celebrar.
Estamos na época pola que nesta parte do mundo se achega o fin do curso. Estoume referindo ó curso "normal", o dos estudios, non ó político ou outros ós que se lles chama así agora, aínda que moitas veces coincidan. Pois ben, o caso é que este final de curso ten dúas celebracións, unha posterior e a outra anterior á data fixada. Explícome. Tras rematar o curso, celébrase que xa non hai clases, que (din) xa non hai que estudiar, que hai máis tempo libre, ... . Antes de rematar as clases, nun período variable (segundo a persona, o nivel de estudios acadado, etc.) exténdese unha ceremonia de outro cariz: é o síndrome do fin de curso. A éste, témeselle. Hai que esforzarse xa sen tempo, sen ganas, sen gusto, sen ...
A min, polo contrario, gústame imaxinar o curso escolar como un curso dun río. O principio, proceloso, saltarín, como o alumno, cheo de enerxía e activo, descansado do verán. Logo, pouco a pouco, máis calmado, pero con máis caudal, con máis coñecementos cada vez, para rematar desembocando dun xeito totalmente suave, verquendo as súas augas ó mar, os seus coñecementos na vida.
Se tomamos outra comparación, se estamos a ver unha carreira larga, todos nos asombramos e apoiamos a aquel atleta que cerca xa da meta deixa ós outros atrás nun sprint final. Nembargantes, para facer iso, antes tivo que correr a carón dos máis, pois senon ese derradeiro xesto non lle serve de moito. O que se busca pois nesos finais é acadar unha mellor posición, rematar superándose a si mesmo, non suplir a falta dun bó traballo previo. Igual ocorre no ensino/aprendizaxe.
O difícil é practicar estas ideas. En particular, hai unha percepción de contracción/dilatación do tempo coa idade que fai crecer na xente nova un sentimento de imposibilidade de mante-lo ritmo todo o curso.
Pode que sexa un pensamento romántico nunha época na que non se leva moito. Nembargantes, non só a LOGSE, senon tamén polo menos a anterior lei, a LGE (Ley General de Educación, Villar Palasí/1970) poñen o énfase no discurrir do traballo ó longo de todo o curso, a avaliación contínua e a formación continuada. É dicir, dase o mesmo valor o rendemento de cada minuto do curso, sexa o principio ou ó final do mesmo. ...Aínda que todos, profesores incluídos, e coa excepción quizais dos ancianos, tendemos a lembrar máis as cousas máis próximas temporalmente, como ben saben os alumnos, dun xeito intuitivo.
En sentido estricto, estos prolegómenos que son o síndrome do fin de curso, van contra a lei. Van contra a lei no seu espíritu, pero non creo que poda haber un resquicio de castigo legal contra a multitude de estudiantes que o practica. Podemos pensar que ou cambiamos o uso popular ou cambiamos a lei. Nembargantes, todos sabemos do valor da constancia e da dificultade de levala a cabo. E dubido moito que haxa unha lei en algún país que prime os atracóns de a derradeira hora. Ó final, que Deus os colla confesados ...

1 comentario:

Anónimo dixo...

El físico neno mintiendes te vamos quemar la choza neno, eres un puto friki de mierda, tu mujer me la comio el otro dia y no veas como la mama la muy zorra, le expulsé todo lo blanco en ssu garganta de warra, luego vino el richar y le metió el troncal por el ojete y se lo dejó que parecía un bote de tomate frito con maionesa. Te vamos llamar a la peña del barrio y te van meter unos mecos que no vas reconocer tu vieja, y como vuelvas a hablarle a la ja de la plasa del jony te llamamos a los pitufos y te meten una parabelum por ese ojete de julandras que tienes.