20060308

Día internacional da muller

    Coido que se engade 'traballadora'. Eso traería consigo que as hai folgazanas, igual que os homes, máis que empregadas/empresarias fronte a amas de casa. Mellor, se se mira así, só 'da muller'. Está demostrado que na casa a muller traballa moitas horas, se non vai a traballar fora. E, se vai, tamén complementa abondas en xeral. Por eso, a secas, día da muller. Botaríase en falta un día do home, pero como polo momento estamos mellor considerados (aínda que ás veces non se quera ver), non fai falla. E, cando teñamos unha unha igualdade, para que os días de celebración? Mellor, todos, celebrados sen nomear.
    Parece que o 'Toxo' non marcha. Non digo para Zaragoza, senón que sinxelamente non vai. A min gustaríame que tirara para adiante. As axudas? As cousas que necesitan axudas externas antes de comezar non sei se son boas ou non, pero o certo que con axuda váise mellor. Iría para adiante se tivera recibido as axudas que pediu á Xunta? A resposta queda no aire, pero con máis probabilidade que así, seguro.

Ningún comentario: