Esta semana houbo, xa dixen, intervencións no xulgado de Mondoñedo sobre o PXOM e as súas filtracións. Eso vai continuar, e dubido (sei que non son o único) de a onde se poda chegar. Pero serviu xa para atacar máis ó alcalde por parte dos imputados do PP. Mentras, a construción segue inmutable, digan ou non que hai falla de chan edificable. Segue a construírse cunhas alturas inadecuadas e que non sei quen as permitiu (refírome a que alcalde) pero que están achantando a Ribadeo para que sexa unha típica cidade horrenda e de baixa calidade de vida no que en relación á vivenda se refire.
Tamén ontes tiven novas dunha sentencia de cárcere por razóns de ruídos. Non me aledo, pero pregúntome como seguirá o tema por Ribadeo. E a fin de semana está xa aquí.
De calquera xeito, o que parece escomezar estes días en España é a paz: se ETA abandoara a loita armada... Parece que leva camiño, que se está máis encamiñado que outras voltas. Rebaixaría a tensión nacional a moitos niveis, e pouco a pouco outros problemas colaterais como se soen chamar agora iríanse solucionando case por si sós. Benvido ese comezo: hai comezos que traen a esperanza nas súas entranas.
--
Data: 15/02/1992 | Fonte: folleto |
Título: concerto | |
Autor: Hernán Naval (texto); composición, descoñecido | |
Descrición: Díptico do concerto celebrado en Viveiro | |
Comentarios: 2 ficheiros .jpg |
Ningún comentario:
Publicar un comentario