Eu non sei que pasa ás veces neste pobo. Pois sucede que hai unha normativa de actividades nocivas, molestas e perigosas (o Raminp) que inclúe o tema de ruído. Sucede que non se cumpre, como escribín xa vai anos nun artigo titulado 'cando a lei non se cumpre'. Sucede tamén que nunca se chamou de xeito separado ós veciños afectados polo ruído para falar con eles no concello. Sucede que xa vai tempo que este mesmo alcalde chamou a locais e afectados a unha xuntanza para poñer en marcha un plan de regularización de locais. Sucede que ese plan quedou inconcluso, sin saber que parte se cumpriu, cal non, por que, etc.
Pois ben, xoves o alcalde chamou ós locais (non ós viciños) polo tema non direitamente da movida, senon da sentencia, a pesares de non ser firme polo momento. E, segundo a prensa (non teño información de outro sitio) a solución pasa por facer 'unha nova normativa que se cumpra'.
Pregúntome entón por que non se cumpre a actual, que é un recoñecemento implícito que se fai ó dicir que á próxima váise cumprir. Coido que non caeron na conta de que en canto a ruídos a norma non vai máis aló do que marcan as leis establecidas, polo que en principio calquera nova normativa será alomenos tan restrictiva como a actual, se quere ser legal. Tampouco parece que caeran na conta de que a derradeira sentencia que coñezo sobre o tema, en Santiago, incide en molestias aínda dentro dos límites considerados como legais, tendo que indemnizar a todo un edificio que soporta niveis de ruído abondo inferiores ós que se manteñen en Ribadeo.
Fáltame de facer unha valoración da sentencia referente ó caso promovido por min, estou esperando que sexa firme. De calquera xeito, vexo claro que cando a faga, terei que ter en perspectiva cousas como o saltarse o concello as propia normas municipais, o entorpecemento da información ós veciños, o que creo que é unha concesión indebida de licencias (algo actual) e a xeración de futuras indemnizacións ós locais por parte do concello con esa causa, a labor do concello na crispación veciñal, a declaración de zona acústicamente contaminada, e outras relacionadas.
Certo, vai ser longa, quedan moitas cousas por dicir e por facer. E se as cousas preténdense facer só pola sentencia, e non por o problema, como dixo o xefe da oposición é mellor que o concello recurra, porque como empece a reclamar a xente...
Ningún comentario:
Publicar un comentario