20060319
San Xosé
Hoxe é San Xosé. Día do pai. Santo con maior porcentaxe de representatividade na nosa terra. Santo do presi do goberno. E máis.
Hoxe culmina unha semana. O autobús violeta pola igualdade de xénero en Ribadeo. No parque de san Francisco, vino desanxelado ó longo de todo o día, sen parroquianos. Daban como agasallo un pañuelo con palabras alusivas. Non sei se verei algún posto.
Esta semana abriu a piscina de novo, aínda que comece a funcionar como é debido a principios do próximo mes e aínda non esteñan rematadas todas as obras. O caso é que cumpriron: mediados de marzo dixeron, mediados de marzo abriron.
Un novo (xa non tanto) aparcamento. Terreos privados (creo), con sinal pública dicindo que non se pode saír cara á esquerda, e suavización do bordillo municipais. Os charcos son obra de Deus, o seu coidado...
A estatística de hoxe: o blog leva máis de 5000 entradas, cunha media dende o seu inicio de 23,05 visitas/día e de 34,32 visitas diarias as últimas catro semanas (sempre incluíndo días festivos). Non somos moitos os que compartimos esta páxina tódolos días, pero imos crecendo. A ver se en pouco tempo artello unha solución para que se podan poñer comentarios sen ter que soportar insultos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Un comentario que me chegou por outra canle:
"poesía dun poeta popular recentemente falecido de Mondoñedo. " "San José, que por la gracia de dios / adereza la madera /el diecinueve de marzo / anuncia la primavera". Chamábase Florentino do Provisor, famoso pola sua poesía chabacana e popular."
Publicar un comentario