20060408

Ancé io sono un coglione

Si, 'tamén eu son un "coglione"' 'Coglione' é o insulto que lles propinou Berlusconi a quenes non pensan votar por el esta fin de semán. E éu apúntome: aínda que poidera, non votaría por el. Unha manifestación fotografada tamén estaba na mesma idea: con carteis que expresaban 'sono un coglione'. Por unha volta, o cambio de senso dunha verba vai no bó sentido, ó meu ver. Que verbas haberá que cambiar en relación co xenocidio de Darfur no Sudán ou a masacre dos militares arxentinos en Pozo Tucumán? Supoño que habería que cambiar o sentido de moitas; no primeiro caso para que quen ten capacidade de evitalo, o faga, e no segundo, para evitar que se repita. A moi pequena escala, está a suceder algo parello co nome da Ría de Ribadeo. Resulta que hoxe aparece unha 'proposta do Principado': chamarlle 'do Eo'. E, mentras, por esta beira da ría (de Ribadeo, claro), divididos. E peor aínda, mentras a ría sen estar debidamente mantida. O importante que é a lingua... Xa recomendan falar para vivir mellor: moita lingua, pouco prato e moita sola de zapato, por exemplo.

Ningún comentario: