20060410

Luns santo

   Ó fin, o post de onte non me gustou moito a min mesmo. A primeira parte quédase entre unha reflexión totalmente superficial e unha tendencia sen explicar, e eso non é bó. Por eso, para paliar un pouco os efectos, repoño abaixo unha volta máis o artigo publicado o 24 do 4 do 97 en A Mariña.
   En relacón á segunda, coido que máis adiante haberá que retomala.
   E voltamos a hoxe. Varias elecións esta fin de semana fan que se poda pensar de novo cara ónde imos neste planeta, xa deixando a relixión para outro trato. Hungría, Perú, Italia: socialistas vitoriosos, populistas en primeira volta e incógnita italiana polo momento, ó ter abertas as urnas dous días. Algo en craro? Non. Tres países aparentemente democráticos que polo demáis, pouco teñen que ver na súa situación, incluído en parte o poder que poderán exercer quenes sallan vitoriosos. Situacións que ademáis, coñecemos por una prensa que cada vez máis hai que leer pensando na correción de tendencia de quen escrebe para tentar chegar a algo obxectivo, o que non sempre se logra.
   De calquera xeito, pensándoo ben, si hai un denominador común: parece que en ningún dos tres casos se produxeron irregularidades graves. E iso, a pesares de que ás veces a democracia parece só un teatro de títeres, é o mesmo que mentar 'esa aburrida paz' en confrotnación dunha 'interesante guerra'. O aburrimento neste caso compensa.
   Non me resisto a dicir algo sobre Ribadeo. Parece que a política aquí limítase a tirarse os trastos uns ós outros; queda pouco constructivo no medio. Ben, pois, quen está disposto a apostar que a cousa seguirá de xeito semellante mentras non teñamos un movemento cidadán adecuado?
--
Procesións e fauna
   Cando se fala de fauna en relación a algunha actividade humana, considérase ás persoas nun sentido despectivo. Non é o caso que pretendo, senón máis ben clasificar a masa que intervén nas celebracións da Semana Santa.
   Como toda clasificación, depende dos criterios que se usen para establecela. Non é o mesmo usar o criterio de poder de decisión sobre a organización das actividades que o de adicación a elas ou que o de interiorización das mesmas, por poñer tres casos.
   Usando o primeiro criterio antes dito, o poder de decisión sobre a organización de actividades, establecería unha xerarquía no mesmo pobo (xerarquía de tipo social), que se vería reducida ó párroco e a asociación “Amigos de la Semana Santa” nun nivel e o resto do pobo noutro. Evidentemente, calquera pode pasar ideas dun ó outro grupo, pero estamos a falar do nivel de decisión. Habería que incorporar ó grupo que poderiamos chamar de cabeza, en funcións adxacentes pero determinantes, por un lado, a xerarquía eclesiástica, e por outro, a xerarquía política. Quedaría así a “masa” desgaxada como nivel baixo dunha estructura decisoria xerárquica. Sen entrar en detalles do funcionamento interno de cada unha desas estructuras na cabeza decisoria nin a relación entre elas ou a base do poder interno dos membros dentro de cada unha delas.
   Por exemplo, parece evidente que se unha persoa se incorpora a “Amigos de la Semana Santa”, supónse que é para colaborar e traballar, e en base a dita colaboración así terá unha capacidade de decisión. Nembargantes, a proporcionalidade entre ambas características non será exacta por influencia doutros factores como capacidade de xeración de ideas, coñecemento do funcionamento social, trato cos demáis dentro da sociedade, etc., como ocorre en calquer outro grupo.
   Referente a adicación, esta vai dende a indiferencia total, pasando pola aversión ata chegar a unha adicación de tempo importante. A orde na que están postas as diferentes adicacións pode ser variada, naturalmente, pero de non ser máis minucioso incluíndo outras categorías ou subcategorías, deixaría sempre no medio das tres expostas a da aversión; ó fin e o cabo é un xeito de adicación, que poderiamos chamar anti-adicación, pero tal que a persoa que se identifica neste grupo implica que ten un tempo adicado ó enfrontamento, e polo tanto, adícalle un tempo ás actividades da Semana Santa.
   Sen facer máis comentario sobre o grupo de indiferentes, creo que habería que dar aquí un agradecemento ás persoas que lle adican unha porción importante do seu tempo ás actividades da Semana. Son as que a organizan e por tanto fan posible un cambio de ritmo vital no ciclo diario de cada un, incluído o grupo de xente indiferente, e por suposto, o da que mostra aversión. Para algúns, a ruptura da rutina diaria pode supor un contratempo, para outros, unha liberación, pero a quen máis, a quen menos, permítelle o retorno posterior ó día a día cun sentemento de novidade do vello e polo tanto vitalmente influínte.
   O criterio de interiorización implica unha clasificación que vai dende a xente que o cre (non confundir con xente crente no sentido relixioso xeral) a aquela outra que o figura. Neste caso, o termo medio sería a indiferencia, entre o extremo das persoas que sinten os feitos que rememoran as procesións como unha parte dos propios sentimentos a nivel interno e o outro que serían as persoas que acoden ás actividades da semana por razóns como o vistas, o que significa un utilitarismo das procesión en aras doutras causas como presentarse como máis católico ou non perder un ápice de posición social.
   ¿De que serve tanta clasificación?
   Sería demasiado presuntuoso o pretender que a próxima vez que nos enfrontáramos á Semana Santa nos preguntáramos onde estamos encadrados e sobre todo por que. Nembargantes, antóxaseme que todos, pasando polo organizador xefe ou o pasota cantante en calquera chiringuito á hora da procesión, todos, sairíamos gañando con que unha parte significativa da xente cavilara o tema en serio.
--
Nota posterior: 'Procesións e fauna' foi asemade publicado noutras entradas e de forma máis axeitada ó contido.

Ningún comentario: