20060527

¿Para que querrá el alcalde tantas ortigas?


Esa foi a pregunta que oín onte, cousa dunha hora antes de tomar a foto. É curiosa, non cabe dúbida. Nunca ma plantexara. Non ten importancia (coido, para min) pero manifesta unha consideración que si se pode aplicar a outras cousas. Se queremos sacar punta, podemos dicir que quen a fixo consideraba que ese terreo era do alcalde, ou que o alcalde usa os terreos públicos no seu propio beneficio, ... nembargantes, coido que non é nada diso, e por elo, e peor: a consideración de que o alcalde pode facelo e os demáis só podemos preguntarnos o por que, sen esperar moita resposta. Unha situación que está na cabeza de moita xente e que sería bó desterrar.

1 comentario:

agremon dixo...

Atópome este post en Chuza! cun comentario: "a política local é como a casa propria, só a entenden os que vivien alí
saúdos"