20060615

Despois de suspensos, suspendidos

Non me estou a referir a selectividade, senón á piscifactoría de Meirengos, alias de Rinlo. Aínda que as dúas vebas básicas do título teñen o mesmo significado, o de suspensos vai polo que xa había, a presunción datada de que as cousas nonse estaban a facer ben. O de suspendidos, porque entrou en vigor a suspensión que foi obrigado a dictar o concello a raíz do TSJG. Coido que a constancia vale apra algo, aínda que ás veces pase o tempo antes que se faga valer. Véxase o caso do rúído (e eso que acaba de comezar) ou o de Acuinor. Mentras, a selectividade segue estes días, unha selección que pouco ten que ver coa que se practica en Ribadeo cos apoios selectivos do alcalde.
En fin, esta semana ando curto de tempo. Seguiremos a comentar.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Unha proposta para Antonio Agremón: Estiven visitando o blog do ies porta da Auga, e non hai ningunha mención á selectividad, a esos rapaces e rapazas que o pasado martes colleron o tren (ou antes facíamos iso) para irse para Viveiro, chegar alí, buscar o hospedaxe e agardar que os examenes comencen, e a miña proposta é: Porque non fas algun comentario sobre a experiencia de estos rapaces estos tres dias en Viveiro. ¿Quen vais con eles?