20060619

Falar e escribir en Ribadeo

Os luns soen ser parcos en novas novas, por eso de que os fins de semana non as hai. Nembargantes, este pasado co estatut xa foi abondo. A victoria do si por preto de catro a un coloca diante dunha nova situación o tema de que é España. Eso din uns. Outros din que pouco cambia no fondo, aínda que nas formas se avance.
Reicardo Varela, conselleiro, pediu en sargadelos e para a costa un urbanismo axustado á realidade... ogallá non sexan outras palabras que caen en saco roto.
Polo momento, ningún terremoto político, parece, e aquí quedamos con cousas máis de preto, como a discrepancia de opinión entre as asociacións de Guardias civís sobre a posibilidade de prestar servicios que lles incumben en principio ós concellos e á policía local. Conviñan que aclararan o tema, non as asociacións de GC, seón entre os concellos e os mandos do corpo. Se non, ó fin, quen sae perdendo son os veciños.
E temas máis da casa son os escritos do alcalde nos medios. Esta fin de semana, unha carta e un artigo embiten respectivamente cunha radio e contra un opositor. Coido que o primeiro, a conta do rexistro de poboadores e os seus datos, ten máis razón que o segundo, sobre o que voltaremos noutro momento e ó que se lle pode aplicar aquelo de 'un é dono do que cala e escravo do que fala', que lembrei ó escoitalo anoite. Lembrei tamén o apoio á manifestación contra o recheo e a propia traizón a si mesmo.
E lembreino tamén, con gosto, para non deixar de aplicarmo a min a conto do queescribo día a día no blog. Foi por eso de que como sucedáneo da fala, a escritura tamén entra no dito, e máis nun blog, no que se fan as cousas en xeral con certa presa e xa tiven que corrixir algunha volta, ou profundizar máis noutras. E foi tamén porque procuro seguilo e falar e calar de xeito equilibrado, ó meu modo de ver (naturalmente, haberá xente que opine de xeito diferente, como xa mo fixeron saber): poderíase dicir de todo moito máis, pero prefiro que completedes vos o blog.

Ningún comentario: