20060623

O tráfico (e o aparcamento) en Ribadeo

Oficialmente, o verán ocupa de anteonte en diante, sendo o mércores pasado, día 21, o día máis longo do ano. Por cousa do calendario, ese día no que se deberan celebrar as fogueiras pola tradición, vai un par de datas descolocado en relación á celebración, que será hoxe, da 'noite máis curta do ano', que non o é. Siguen as dificultades para clebrar as fogueiras, despois de ter aí atrás unha morea de incendios.
Pero oxe non vai de incendios, senón de verán: no verán aumenta o tráfico e diminú o aparcamento en Ribadeo. e o día máis longo do ano por esta volta celebrouse un pequeno ritual, comezando os problemas cíclicos tamén, incrementados no verán, do aparcamento e tráfico. Problemas que este ano increméntanse polas queixas fronte ós poucos aparcamentos par minusválidos ou o aparcamento nas rúas 'humanizadas', teóricamente prohibidas para aparcamento e trsego decoches alleos ós habitantes e negocios alí instalados. Que será cando chegue xullo?
Causa tamén un pouco de inquedanza a resposta no periódico do tenente de alcalde en ausencia do alcalde no sentido de que desas cousas se ocupaba o outro. Debe ser certo, pero o xefe neses momentos era el, e ou a redacción do periodista non foi moi afortunada ou presáxiase de novo unha tormenta política no horizonte, pois hai outro tema que tamén leva o alcalde e do que si falou o tenente: o permiso de obra dun edificio na Avda. Rosalía de Castro, onde está o aparcamento provisional, está pendente de patrimonio, segundo parece por estar a menos de 100m de San Roque. Tal parece que o constructor quixera edificar a unha altura que se vira dende a capela. A construcción en Ribadeo promete ser fonte de novas cara o verán. Por certo que a construcción de todo tipo, pois na ponte, xa comenzada, sigo sen ter claro como van cruzar os peóns, por exemplo.

Ningún comentario: